22/5/2012
Profesorado, estudantes e pais e nais participan nun encerro que se prolongará até a mañá do mércores
Os peches rotativos convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúan o seu percorrido por diferentes centros do País. Este martes tocoulle a quenda á cidade da Coruña, onde pais e nais, estudantes e profesorado iniciaron un encerro, por volta das 17:30 horas, no IES Menéndez Pidal de Zalaeta. A protesta manterase até as 08:30 horas do mércores, día no que a Plataforma ten convocado un peche no IES Torrente Ballester, en Pontevedra.
16/5/2012
Critican a pasividade do Goberno local do PP e instan o alcalde a defender os dereitos dos veciños/as
A CIG de Verín reclámalle á Consellería de Sanidade que paralice as xestións encamiñadas a suprimir o servizo de urxencias da vila, situado na rúa Juan Guerra Valdés e critican a pasividade do Goberno local diante dun novo ataque aos servizos públicos por parte da Xunta. Ao mesmo tempo, denuncian que non se está a informar sobre a decisión os veciños/as nin os profesionais que desenvolven o seu labor no centro e esixen a convocatoria dunha xuntanza con todos os sectores implicados.
15/5/2012
Membros de toda a comunidade educativa manterán a protesta até a mañá do mércores
Os peches rotativos convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continuaron este martes no IES Concepción Arenal de Ferrol tras un exitoso inicio en Compostela e Melide. O peche, no que participan pais e nais, estudantes e docentes, prolongarase dende ás 16:00 horas deste martes até ás 8:00 horas do mércores 16 de maio.
15/5/2012
O Comité de Traballo e Benestar denuncia o desmantelamento e progresiva privatización dos centros da Consellaría
O Comité de Traballo e Benestar da Coruña desenvolveu este martes unha nova xornada de mobilizacións en defensa dos servizos sociais, das condicións laborais e contra as amortizacións de postos de traballo. Desta volta, as concentracións realizáronse en Ferrol, diante das Escolas Infantís Virxe de Chamorro e Catabois.
2/5/2012
O 8 de maio celebraranse concentracións en todo o país convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
Delegadas e delegados da CIG-Ensino, e outras organizacións sindicais do
ensino público celebraron este mércores unha nova concentración, diante da
Consellaría de Educación, en Santiago de Compostela, para esixirlle ao Goberno
galego que non aplique ningunha das
medidas recollidas no RD Lei 14/2012 e que o recorra ante os tribunais. Co
ánimo de frear os recortes, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público xa
convocou concentracións comarcais para o próximo mércores, 8 de maio, pola
tarde e iniciará peches rotatorios nos centros o 14 de maio, entre outras
accións.
1/5/2012
A central chama a continuar no proceso de acumulación de forzas e de contestación para crear un escenario favorábel aos intereses da clase traballadora galega
Unhas 60.000 persoas manifestáronse coa CIG neste Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, para amosar na rúa o seu rexeitamento ás políticas laborais e económicas do PP e demandar outras medidas favorábeis aos intereses da clase obreira. A central nacionalista, que convocou as manifestacións baixo o lema “Por emprego digno, non á reforma laboral do PP” e “En defensa do ensino e da sanidade públicos”, reiterou o chamamento a seguir na contestación social e no proceso de acumulación de forzas para avanzar na consecución dun modelo económico e social máis xusto e solidario.
30/4/2012
O Goberno local contempla un ERE extintivo que afectaría a un mínimo de 25 traballadores/as
A CIG de Ourense vén de presentar unha proposta alternativa co obxectivo de reconducir o plan de axuste económico do Concello de Xinzo de Limia. Os plans municipais contemplan, entre outras medidas, a redución de medio millón de euros en gastos de persoal mediante un ERE extintivo que afectaría a 25 traballadores/as. A central nacionalista, que xa denunciara que o Goberno local pretende aplicarlle os recortes unicamente ao persoal laboral, achega agora unha proposta que permitiría non ter que reducir esta cantidade en gastos de persoal e evitaría os despedimentos, aliviaría a presión fiscal sobre os veciños/as e produciría un superavit de 2 millóns de euros en 10 anos. [CONSULTA O DOCUMENTO AO FINAL DA NOTICIA].