14/3/2012
Parte do comité de empresa compareceu hoxe para desmentir as últimas afirmacións da dirección do centro médico vigués
Dende a sección sindical da CIG de Povisa, que compareceu hoxe xunto a representantes doutras centrais que integran o comité de empresa, lembraron que as reducións de xornada no hospital Povisa están a ser impostas e non son voluntarias como afirmou recentemente a dirección do centro médico vigués. O sindicato nacionalista denuncia que a compañía ameazou con realizar 26 despedimentos aplicando a reforma laboral se auxiliares e celadores non acataban a decisión.
14/12/2011
Arredor de medio cento de empregados/as do centro médico vigués concentráronse fronte á autoridade laboral
O comité de folga de Povisa entregou hoxe un escrito na Inspección
de Traballo en Vigo para reclamarlle que inste á dirección de empresa a
facer públicos os servizos mínimos. Ao mesmo tempo, denunciaron ante a
autoridade laboral o feito de que membros do comité fosen incluídos nos
servizos mínimos a pesar de ter solicitado o contrario. Concidindo coa
entrega do escrito, arredor de medio cento de traballadores/as
concetráronse ás portas da Inspección de Traballo na rúa Cánovas del
Castillo.
12/12/2011
Tamén trasladou unha protesta á Inspección de Traballo despois de que a empresa non fixese públicos os servizos mínimos
O comité de folga do hospital Povisa
de Vigo denunciou hoxe que as presións exercidas pola dirección
sobre os traballadores/as está a restarlle incidencia á folga
indefinida convocada o pasado venres para esixir a readmisión de 27
limpadoras/es. Ao meso tempo, trasladou unha protesta á Inspección
de Traballo despois de que a compañía non fixese públicos os servizos
mínimos e incluíse neles a membros do comité de empresa.
9/12/2011
A partir do luns poderase comprobar o seguimento real do paro convocado para rexeitar o despedimento de 27 traballadoras/es da limpeza
A ponte festiva restoulle incidencia á primeira xornada da folga
indefinida convocada en Povisa polo despedimento de 27
empregadas/os da limpeza xa que moitos dos servizos do centro
médico vigués atópanse pechados. Dende a CIG entenden que até o
luns non se poderá saber cal é o seguimento real do paro.
1/12/2011
O comité de empresa do centro médico ten convocada unha folga indefinida para rexeitar o despedimento de 27 traballadoras/es da limpeza
Varios
centos de persoas percorreron en manifestación as principais rúas do centro de Vigo
baixo unha intensa choiva para reclamar o mantemento da calidade
asistencial en Povisa e rexeitar o despedimento de 27
traballadores/as do servizo de limpeza. O comité de empresa ten
convocada unha folga indefinida a partir do 9 de decembro para esixir
a readmisión dos compañeiros/as e denunciar que os últimos recortes aplicados pola da dirección do centro médico están a repercutir negativamente na atención que se lle presta aos usuarios/as.
30/11/2011
A representación do cadro de persoal denuncia a actitude dos responsábeis do Sergas despois de que se negasen a recibilos
O comité de empresa de Povisa anunciou hoxe a convocatoria unha gran manifestación en Vigo para rexeitar o despedimento de 27 traballadoras/es do servizo de limpeza. A marcha será este xoves 1 de decembro a partir das 20.00 horas dende Vía Norte. Os representantes do cadro de persoal denunciaron tamén a actitude dos responsábeis do Sergas despois de que se negasen a recibilos en Santiago de Compostela.
28/11/2011
Esta tarde organizan unha caravana de coches ao Morrazo e nos vindeiros días acudirán ao Sergas e convocarán unha manifestación na cidade
Os
traballadores/as de Povisa continuaron hoxe coas mobilizacións para
denunciar o despedimento de 27 compañeiros/as do servizo de limpeza
cunha concentración fronte ao centro médico. Esta tarde realizarán
unha caravana de coches até o Morrazo e nos vindeiros días
desprazaranse a Santiago para manter unha xuntanza con responsábeis
do Sergas e convocarán unha manifestación en Vigo.