25/6/2010
A Federación renovou a súa executiva no congreso celebrado este xoves
A Federación da Banca, Aforro,
Seguros, Oficinas e Telemárketing da Confederación Intersindical
Galega de Vigo renovou a súa executiva no congreso celebrado este
xoves. O novo secretario comarcal é Luciano Luxilde, que encabezaba
a única lista que concorreu.
28/11/2009
A candidatura que encabezaba á Executiva Comarcal contou co 58,19% de apoio
O sábado 28 de novembro tivo lugar no Salón de Actos da Faculdade de Económicas desde as dez menos cuarto e até as catro da tarde o V Congreso Comarcal da CIG de Vigo. Neste congreso avaliouse o traballo realizado pola comarca de Vigo nos últimos catro anos a través do Informe da Executiva, que foi aprobado. Ademais escolléronse o novo secretario comarcal, a nova executiva comarcal e os 19 representantes da comarca de Vigo no Consello Confederal.