Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Estado español: De reformas fiscais e concertación social
07/04/2014Albert Recio Andreu
Apostar por rebaixas fiscais, como suxire o goberno, é continuar o vieiro da demolición de dereitos sociais, impedir unha restruturación profund...
O nó gordiano da esquerda
07/04/2014Emir Sader
Nas economías de mercado, o Estado, para implementar políticas de redistribución do ingreso, como contrapeso dos mecanismos de concentración do ...
Ucrânia: O acordo com o FMI conduz à mesma depressão que na Grécia
07/04/2014Jack Rasmus
A 27 de março de 2014, o FMI deu a conhecer as linhas mestras das condições para os seus empréstimos e outras medidas destinadas à economia ucr...
Medre das desigualdades: A súa meirande (e máis silenciada) causa
03/04/2014Vicenç Navarro
As causas das desigualdades son políticas e teñen que ver predominantemente co grao de influencia política que os propietarios do capital teñen ...
10 factos chocantes sobre os Estados Unidos
03/04/2014António Santos
São mais os países do mundo em que os EUA já intervieram militarmente do que aqueles em que ainda não o fizeram. Números conservadores apontam ...
Referendo en Crimea
19/03/2014Jacques Sapir
a nosa terra
26/7/2011 Os ex traballadores/as do semanario continúan á espera de cobrar as liquidacións e as mensualidades que aínda se lles adebedan
Promocións Culturais Galegas, empresa editora do xornal A Nosa Terra, vén de ser liquidada mediante un auto emitido polo Xulgado do Mercantil número de 3 de Pontevedra. A resolución xudicial pecha deste xeito a fase de convenios unha vez esgotado o prazo sen que se presentase ningunha proposta e deixa a compañía baixo a dirección da administración concursal. Os traballadores/as do histórico semanario nacionalista continúan á espera de cobrar as liquidacións e os salarios que aínda se lles adebedan.
31/3/2011 Os traballadores/as despedidos reclamaran a Promocións Culturais Galegas o pagamento das débedas cun incidente concursal
O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra vén de condenar a empresa editora do semanario A Nosa Terra, administración concursal e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) a abonar os salarios e as indemnizacións pendentes aos 24 ex traballadores/as da publicación nacionalista. O incumprimento motivara a presentación dun incidente concursal en xaneiro para reclamar o pagamento das mensualidades de outubro de 2010 e as liquidacións de despedimento correspondentes.
11/2/2011 A central presentou no xulgado un incidente contra o administrador concursal e a empresa Promocións Culturais Galegas
A federación de Químicas e Enerxía da CIG vén de denunciar publicamente que os 24 traballadores e traballadoras despedidos/as da Nosa Terra aínda non percibiron as nóminas do mes de outubro nin as liquidacións correspondentes despois da presentación do proceso concursal. Diante deste incumprimento, a central nacionalista presentou no xulgado un incidente contra o administrador concursal e a empresa editora do histórico semanario nacionalista, Promocións Culturais Galegas.
6/10/2010 Traballadores e traballadoras do semanario trasladan as protestas contra o ERE até a sede de Xornal de Galicia
A CIG-Químicas vén de denunciar que a pésima situación que atravesa A Nosa Terra xa era coñecida pola dirección do semanario dende hai varios anos. En 2007 unha auditoría interna realizada pola propia construtora San José, propietaria de ANT, recoñecía o grave desfase económico das contas da empresa editora, aínda que dende a dirección non se adoptou ningunha medida correctora nin se elaborou un plano de viabilidade. Pola súa banda, os traballadores/as continuaron este mércores co calendario de mobilizacións previsto, desenvolvendo un peche simbólico na sede de Xornal de Galicia, o outro medio propiedade da construtora.
1/10/2010 Os traballadores/as do semanario afectados por un ERE ocuparon as oficinas do Grupo San José en Pontevedra
A CIG denuncia que A Nosa Terra pretende acollerse á nova reforma laboral para despedir os traballadoras e traballadoras do semanario sobre os que pesa un Expediente de Regulación de Emprego. Uns 15 empregados/as do semanario nacionalista realizaron hoxe un paro de tres horas en sinal de protesta e ocuparon as oficinas do Grupo San José en Pontevedra, onde estiveron acompañados por representantes da central.
27/9/2010 As concentracións de protesta organizadas pola CIG diante da sede do semanario en Vigo continuaron este xoves 30
As traballadoras e os traballadores do semanario A Nosa Terra convocan para este venres día 1 de outubro un paro de tres horas para protestar polo Expediente de Regulación de Emprego que afecta a 28 empregados/as da publicación. As mobilizacións convocadas pola CIG continuaron cunha concentración este xoves 30 ás portas da publicación na rúa Príncipe de Vigo.
20/9/2010 Lembra a responsabilidade do director de A Nosa Terra na mala xestión que obrigou a empresa a presentar un ERE
A federación de Químicas e Enerxía da CIG critica a inclusión do director de A Nosa Terra, Alfonso Eiré, nunha mesa redonda sobre a situación da industria cultural galega xa que lembran que boa parte da situación que atravesa o semanario é responsabilidade súa. Dende a central consideran que Eiré non é a persoa máis axeitada para falar sobre alternativas de futuro para a industria cultural do país despois de que a súa xestión á fronte do xornal rematase cun ERE que afecta aos 28 traballadores/as.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com