17/8/2010
A central nacionalista alerta que o departamento que dirixe Pilar Farjas pretende privatizar un novo servizo público
A CIG-Saúde denuncia que
a Consellería de Sanidade está a terxiversar os datos de
profesionais que se acollen á obxección de conciencia para non
practicar interrupcións voluntarias do embarazo co obxectivo de
privatizar o servizo. Dende a central nacionalista consideran que o
departamento autonómico que dirixe Pilar Farjas está a esgrimir informacións
sen contrastar para xustificar os concertos subscritos con clínicas privadas.
8/7/2010
Porén, non informa sobre outras asociacións de mulleres que defendan outras alternativas
CIG-Saúde denuncia que a consellaría de Sanidade está facendo uso da web do Sergas, que é un espazo público de información sanitaria e profesional, para adoutrinar á poboación e aos traballadores/as promovendo as posicións defendidas pola Fundación ‘Red Madre’, en contra da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo.