Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Goberno Zapatero
9/7/2010 A central nacionalista aposta por unhas entidades de aforros sociais e galegas
Dende o inicio do debate sobre o proceso de reestruturación das caixas de aforros, dende a Confederación Intersindical Galega denunciouse que estabamos ante un proceso de reconversión que tiña como obxectivo definitivo a privatización. A central advertía que tal e como fixo o PSOE hai 10 anos concentrando a banca pública no grupo Arxentaria para a súa posterior privatización, o proceso de concentración das Caixas por decreto tiña o mesmo obxectivo. As declaracións realizadas polo Presidente do Goberno sobre o decretazo que aprobará hoxe o Consello de Ministros, dando entrada ao capital privado nas caixas con dereitos políticos é unha privatización pura e dura. Así mesmo permitir que as caixas se convertan nunha fundación que poda transferir a xestión financeira a un banco é seguir o modelo italiano de privatización das entidades.
12/5/2010 As federación da área pública (Administración, Sanidade e Ensino) chaman aos traballadores/as a mobilizarse e non desbotan ningún tipo de medida, incluída a folga
A Confederación Intersindical Galega manifesta o seu máis contundente rexeitamento ás regresivas medidas que vén de propor o goberno español e denuncia a pretensión do executivo de facer que sexa a clase traballadora quen pague a crise, mentres que quen nos levou a esta situación, o sistema capitalista neoliberal, que baseou o seu crecemento nun modelo de economía especulativa, mantén intactos os seus beneficios. Estas medidas denotan que quen dirixe a política económica dos estados é, precisamente, ese capital financeiro e poñen de manifesto a covardía e incapacidade do goberno para afrontar reformas estruturais imprescindíbeis non só para frear a crise, senón mesmo para evitar que se reproduza, se cadra con máis crueza.
25/3/2010 A marcha, convocada pola plataforma Rumbo21, sairá ás 12:00 horas do Peirao de Curuxeiras de Ferrol
A CIG de Ferrol animou a toda a cidadanía a participar na manifestación convocada pola Plataforma Rumbo21 o vindeiro sábado, 27 de marzo, para esixir o levantamento do veto político á construción naval civil na antiga Astano. Os voceiros da Unión Comarcal de Ferrol, Manuel Grandal e Xesús López Pintos, manifestaron que “agora é o momento” de mobilizarse e reclamaron ao presidente do goberno estatal que cumpra o seu compromiso de xestionar ante Bruxelas o final dunha prohibición que ten “estrangulado” o desenvolvemento económico da comarca.
26/2/2010 A Federación lembra que nos últimos anos o persoal acumula unha perda do seu poder adquisitivo que supera o 42%
A CIG-Administración amosou o seu absoluto rexeitamento a unha posíbel conxelación do salario dos empregados públicos, barallada nos últimos días polo Goberno estatal como medida de “aforro”. Dende a Federación lémbrase que os/as traballadores/as da administración veñen sufrindo unha continuada contención salarial, agravada coa sinatura do acordo entre o Goberno de Zapatero e as organizacións sindicais estatais que limita a suba das retribucións ao 0.3%, engrosando así a importante perda de poder adquisitivo acumulada nos últimos anos, que supera xa o 42%.
30/9/2009 A central reclama políticas fiscais progresivas e un maior investimento para Galiza
Á espera de realizar unha análise máis polo miúdo de cada partida orzamentaria, a CIG considera preocupantes as propostas presentadas nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2010, especialmente aqueles capítulos nos que se recollen medidas relativas ás políticas fiscais, cun carácter claramente regresivo. Así mesmo, a central ve insuficientes os investimentos asignados o vindeiro ano para Galiza e reclama un maior esforzo en innovación e desenvolvemento.
25/4/2008 Recórtanse máis os impostos para as grandes fortunas
O Consello de Ministros aprobaba, hai unha semana, unha batería de medidas dirixidas a paliar a aínda incipiente crise económica. A Executiva Confederal da CIG, tras analizar o alcance e as repercusións que terán estas medidas conclúe que na vez de atacar o neoliberalismo, como responsábel desta situación, e de corrixir os erros que por mor da aplicación dos seus dogmas se teñen cometido, afortalan aos seus responsábeis.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com