14/7/2010
O operario falecido atopábase co seu irmán descargando material cando foi atropelado por unha elevadora
A
federación da Construción da Confederación Intersindical Galega
denuncia a morte dun traballador de Porriño en accidente laboral o
pasado luns día 12, coincidindo coa celebración da festividade
local de San Bieito. A central nacionalista vén alertando das condicións laborais que padecen os traballadores/as do sector, especialmente no contexto da crise económica.