28/9/2011
Outro modelo económico e social é posíbel
A CIG presentaba, en febreiro de 2010, un
documento baixo o título “políticas alternativas para a crise” no que se
analizaba o contexto económico e se apuntaban as medidas que sería necesario pór
en marcha non só para enfrontala senón mesmo para camiñar cara outro modelo
económico e social. Daquela a central sindical advertía das consecuencias que
traerían as medidas que se estaban a adoptar por parte dos gobernos central e
autonómico e apostaba por outras que posibilitaran cambios estruturais e un apoio
decidido ao tecido produtivo para favorecer a creación de emprego.
25/4/2008
Reitera a necesidade de acadar a soberanía nacional
A Confederación Intersindical Galega vén de presentar publicamente a campaña do Primeiro de Maio, Día do Internacionalismo Proletario, que se conmemora desta volta baixo o lema "Por un modelo socioeconómico xusto e sustentábel. En defensa da soberanía nacional".