Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Suso Seixo
19/12/2011 Alerta de que o recorte do gasto público e as medidas para reducir a débeda pública provocarán máis desemprego
Austeridade, control do déficit público e, en consecuencia recorte do gasto público, nova reforma laboral, máis bonificacións empresariais como única fórmula para crear emprego, nova restruturación do sistema financeiro e concentración bancaria, adelgazamento das administracións públicas, recentralización administrativa... Estas son algunhas das medidas que adoptará o PP no decurso destes catro anos. Medidas que van na liña das xa adoptadas polo PSOE e que o único que conseguiron, até o de agora, foi afondar a situación de crise económica na que estamos inmersos.
23/10/2011 Preto de 3.000 persoas percorreron as rúas de Compostela, malia a chuvia e o vento, para exixir outras políticas económicas e sociais
Preto de 3.000 persoas sumáronse á convocatoria da CIG, na primeira mañá de chuvia e frío deste outono, para exixir un cambio radical nas políticas que os gobernos da Xunta e do Estado veñen aplicando. Así o demandou o secretario xeral, Suso Seixo, quen denunciou que hoxe, as traballadoras e traballadores galegos “estamos claramente ameazados por políticas económicas de recorte do gasto social” que levan, dixo, a un “incremento do desemprego, á destrución do tecido produtivo” e que poñen en perigo servizos sociais básicos como a sanidade e o ensino públicos.
2/9/2011 A CIG denuncia que o 93,5% dos contratos formalizados neste período foron temporais
Galiza pechou agosto cun total de 224.582 persoas desempregadas, o que supón un incremento do 0,71% (1.582) con respecto ao mes anterior. Aínda que se trata dunha subida menor que a rexistrada no conxunto do Estado español, a taxa interanual no noso país situouse no 6,17%, o que se traduce en 13.050 novos demandantes de emprego con respecto a agosto do ano 2010. Tamén destaca a elevada temporalidade dos contratos, xa que o 93,5% dos 59.850 contratos rexistrados o mes pasado foron deste tipo.
19/8/2011 Suso Seixo afirma que "dá a impresión de que quen lles está pagando é a CEOE, en vez dos seus afiliados e afiliadas”.
A CIG manifesta o seu total rexeitamento á proposta presentada polos secretarios de CCOO e UGT, en carta dirixida ao Presidente do Goberno español, referida a aceptar un novo acordo de moderación salarial para vindeiros anos, ampliando o período de tres anos que xa contemplaba o Acordo Interconfederal de Negociación Colectiva aínda vixente. Suso Seixo, secretario xeral da CIG, considera que con este tipo de propostas “dá a impresión que quen lles está pagando é a CEOE, en vez dos seus afiliados e afiliadas”.
2/8/2011 O paro rexistrado increméntase en Galiza con respecto ao ano anterior nun 6,30%, mentres que na media estatal o incremento foi do 4,38%
A Confederación Intersindical Galega considera altamente negativos e preocupantes os datos de paro rexistrado no mes de xullo, con 223.000 desempregados/as, o que sitúa a taxa de paro en Galiza nun 17,01%, fronte o 16,19% que se rexistraba en xullo de 2010. Uns datos que veñen confirmar as predicións da central sindical, que desde que comezou a crise vén denunciando as políticas que se estaban a aplicar e advertindo que con elas contribuiríase a deteriorar aínda máis a economía e, polo tanto, a incrementar o desemprego. A CIG considera que os/as 10.557 desempregados/as menos rexistrados no mes de xullo, con respecto do mes anterior, obedecen exclusivamente a razóns de estacionalidade.
9/6/2011 A prevalencia dos convenios de empresa fronte os provinciais xeneralizará a precarización, provocando incrementos da xornada laboral e redución salarial
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, valorou moi negativamente o borrador da reforma da negociación colectiva que se deu a coñecer e que previsibelmente será aprobado mañá polo Consello de Ministros. No marco da rolda de prensa de presentación da Marcha Galega polo Emprego, declarou que o modelo que se pretende impor, dando prevalencia aos convenios de empresa fronte os provinciais afectará especialmente aos traballadores/as galegos/as. “O 90% das empresas galegas teñen menos de 6 traballadores que non terán capacidade para presionar á empresa, que imporá unha maior precarización, con incrementos de xornada e reducións salariais”.
9/6/2011 Demanda a creación dun Salario de Inserción Social para garantir que os parados que non cobran xa ningunha prestación, un 40% do total, non caian na “pobreza e a marxinalidade”
A CIG presentou esta mañá, en rolda de prensa, a “Marcha Galega polo Emprego”. Unha gran mobilización na que se agarda que participen desempregados/as de toda Galiza, que percorrerán a pé o país, partindo inicialmente das cidades, o día 29 de xuño, para rematar o 3 de xullo en Compostela, cunha manifestación nacional. Con esta marcha preténdese sensibilizar á poboación ante o grande problema que supón o paro e exixir a posta en marcha de toda unha serie de medidas que permitan o crecemento económico e a creación de emprego, fronte as políticas neoliberais aplicadas até o de agora, que provocaron unicamente a precarización das condicións laborais.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com