6/9/2010
Lamenta a decisión da Defensora do Pobo de non interpor recurso de inconstitucionalidade contra as medidas para reducir o déficit
As federacións de Administración, Ensino e Saúde lamentan profundamente a decisión da Defensora do Pobo, de non atender a petición de interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra as ‘medidas para reducir o déficit público’ aprobadas polos gobernos estatal e galego. Malia iso, manteñen a convicción de que se están a vulnerar os dereitos dos/as empregados/as públicos/as e, aínda que suspenden a campaña de recollida de sinaturas posta en marcha o pasado mes de xullo, poñen á súa disposición modelos de reclamación individual, mentres agardan pola resposta da Audiencia Nacional, para saber se admite a trámite a interposición de recurso contra os recortes salariais impostos.
21/7/2010
As federacións de Administración, Ensino e Saúde da CIG recollerán os apoios á petición de interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra o RD 8/2010 e a lei galega 3/2010
As federación de Administración, Ensino e Saúde veñen de pór en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para adherirse á petición de interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra o Real Decreto-lei 8/2010 do 20 de maio, polo que se adoptan as medidas extraordinarias para a redución do déficit público e contra a Lei galega 3/2010, do 23 de xuño, pola que se modifica a Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Xunta de Galiza.