Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
De novo o Iraque
26/06/2014Albano Nunes
De novo o Iraque. De novo um misterioso bando de «terroristas», semeando a morte e a destruição. De novo a orquestração de dramáticos apelos ...
Suplementos territoriais nos recibos eléctricos
26/06/2014Fernando Branco Parga
O Tribunal Supremo vén de sentenciar que nas peaxes do sistema eléctrico se deberían incluír os diferentes suplementos territoriais. Efectivame...
O destino do Iraque
20/06/2014Luís Carapinha
Aferrados a uma ordem económica injusta e decadente os EUA prosseguem a cavalgada de fragmentação de territórios e destruição das soberanias ...
A outra cara do Mundial de Fútbol
20/06/2014Vicenç Navarro
A gran pobreza do sector público no Brasil, xunto coas exuberantes riquezas, explica a explosión social. De aí a enorme protesta, que non é a pr...
Europa: alternativas à crise
17/06/2014Éric Toussaint
Repartir de outra maneira a riqueza produzida constitui a melhor resposta à crise. A parte destinada aos assalariados nas riquezas produzidas baixo...
As eleições na União Europeia
16/06/2014John Catalinotto
Sada
20/6/2014 A CIG-Ensino demanda á Consellaría que respecte a vontade da comunidade educativa e promova a democracia interna nos centros
A renovación da dirección no CEIP O Mosteirón de Sada realizouse cun proceso ao que concorreron dúas candidaturas, unha delas contaba co apoio maioritario da comunidade educativa e a outra só co apoio de tres persoas do claustro de profesores, tal e como se recolle no resultado das votacións dos proxectos. Porén, a Comisión de Selección, exclusivamente cos  votos dos inspectores representantes da Administración, elixe e nomea para a dirección a candidatura que presentaba o proxecto que conta con moitos menos apoios da comunidade educativa.
11/12/2013 A parte social lamenta o desinterese das administracións na defensa dos postos de traballo
Máis de cen traballadores e traballadoras das fábricas do Sargadelos (Cervo) e Cerámicas do Castro (Sada) trasladáronse na tarde do martes até Compostela para concentrarse ás portas do Instituto Galego de Informacións, onde tiña lugar a última xuntanza do período de consultas do ERE extintivo que a empresa pretende aplicar a 70 empregadas/os das dúas plantas.
5/12/2013 A representación dos traballadores e traballadoras demanda a paralización do ERE e a busca de medidas alternativas non traumáticas
Os traballadores e traballadoras do Grupo Sargadelos proseguen adiante co calendario de mobilizacións contra o ERE de extinción que pretende aplicar a empresa nas factorías de Cervo e Sada. Desta volta, os traballadores/as de Sargadelos manifestáronse polas rúas do concello da Mariña, mentres que en Cerámicas do Castro o persoal desenvolveu unha concentración.
22/11/2013 O persoal está a manter unha intensa rolda de contactos con representantes das distintas administracións
Traballadoras e traballadores das fábricas de Sargadelos e Cerámicas do Castro arrancaban este venres cadanseu calendario de mobilizacións en contra do ERE de extinción para 70 empregados/as que a compañía pretende aplicar. O persoal desenvolveu concentracións, ás 15:00 horas, diante das portas das factorías de Cervo e Sada, ás que tamén asistiron representes políticos locais, familiares e veciños/as.
19/11/2013 A dirección pretende desfacerse de 70 empregados/as das dúas históricas firmas
Os traballadores e traballadoras de Sargadelos en Cervo e Cerámicas do Castro en Sada están concretando un intenso calendario de mobilizacións nas dúas factorías en rexeitamento ao ERE de extinción que pretende aplicar a empresa e que, de saír adiante, suporá o despedimento de 70 empregados, nun cadro de 170 persoas. A representación dos traballadores/as demanda a paralización inmediata deste expediente, xa que hai unha regulación temporal vixente nas dúas plantas, e denuncia que os problemas da empresa derivan da nefasta xestión realizada nos últimos anos.
16/12/2010 O afectado, que traballaba no servizo de limpeza do porto de Sada, comezara a promover asembleas entre os compañeiros/as de cara a elaborar unha plataforma
A CIG-Servizos de A Coruña vén de denunciar o despedimento dun traballador da UTE Ascan Misturas, encargada da limpeza dos portos xestionados pola Xunta de Galiza, ao que a empresa rescindiu o contrato por estar promovendo a negociación do novo convenio colectivo, xa que a vixencia do actual remata a finais de ano.
14/10/2010 Unha representación da CIG entregou ao Xefe Territorial da Consellaría de Traballo e Benestar as sinaturas recollidas contra a decisión de contratar a unha empresa de catering
Persoal do albergue xuvenil de As Mariñas de Gandarío, en Sada, desenvolveu esta mañá unha nova concentración en contra da privatización dos servizos para atender os usuarios/as deste centro. Ao remate da protesta, unha representación da CIG mantivo unha xuntanza co Xefe Territorial da Consellaría de Traballo e Benestar a quen lle fixo entrega das sinaturas recollidas na última semana contra a contratación da empresa Eurest para facer un traballo que lle corresponde a un servizo público.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com