27/5/2008
Convocada pola Ría non se vende
A rede A Ría non se vende convocaba o 25 de maio unha manifestación contra a destrución do territorio, e no concreto, da ría de Vigo. Unha manifestación, con moita cor e berros contra os recheos e a Autoridade Portuaria,
encheu a cidade de resistencia a un modelo de desenvolvemento cada vez máis insustentábel.
20/5/2008
Domingo 25 ás 12 en Vigo
O 20 de maio ás 19 da tarde tivo lugar unha conferencia e debate sobre a situación da ría de Vigo no local comarcal da CIG de Vigo. Nesta charla deuse a coñecer a convocatoria dunha mobilización o vindeiro domingo 25 contra a destrución do territorio na cidade de Vigo.
18/2/2008
“Galiza non se vende”
Milleiros de persoas encheron as rúas de Compostela nunha mobilización que saía ben pasadas as doce da mañá da Alameda. Foi unha manifestación chea de cor, música, alegría, reivindicacións fortes e unha mensaxe moi clara: a necesidade de loitar por unha terra viva e unha vida digna para todas e todos.