Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
condicións laborais
11/11/2011 A CIG decidiu suspender a protesta que mantiña paralizadas as labores de construción tras lograr o compromiso da autoridade laboral
A CIG-Construción suspendeu este mediodía a protesta que mantiña paralizadas dende onte as obras do novo hospital de Vigo despois de que se acordase a creación dunha comisión de seguimento que velará polo cumprimento das condicións de traballo. A decisión adoptouse no transcurso da xuntanza mantida a petición da central nacionalista coa Inspección de Traballo e as empresas que executan os traballos e foille trasladada aos traballadores/as nunha asemblea celebrada a pé de obra.
3/12/2010 A central nacionalista amosa a súa preocupación polo feito de que o cambio poida influír nas condicións laborais do profesorado
A CIG-Ensino de Pontevedra alerta das consecuencias que se poden derivar da redistribución do alumnado escolarizado nos centros públicos da cidade e demanda que se cumpran todas as garantías para que en ningún caso isto supoña a supresión de prazas de profesorado ou a saturación de ningún colexio.
21/10/2010 A central alerta que os empregados perden entre 6.000 e 7.000 euros anuais, traballan 10-12 horas e domingos e festivos
A federación da Construción da CIG convoca catro xornadas de folga nas obras de ampliación do aeroporto vigués de Peinador para denunciar as condicións laborais ás que están somietidos os operarios. Segundo os cálculos da central, deixan de ingresar anualmente entre 6.000 e 7.000 euros porque se lles paga por debaixo do que estipula o convenio, teñen xornadas de 10-12 horas diarias e traballan domingos e festivos.
21/7/2010 Os empregados/as das subcontratas portuguesas sofren unha situación discriminatoria
A CIG-Construción continuará este xoves coa súa campaña de denuncia da situación laboral que padecen moitos traballadores/as do sector que desenvolven o seu labor en obras contratadas polas Administracións públicas. O novo acto reivindicativo comezará arredor das 11.00 horas no contorno da rotonda con Genaro de la Fuente, á altura de Vía Norte, onde se están a levar a cabo traballos de acondicionamento das beirarrúas contratados polo Concello de Vigo.
10/6/2010 Exixe das administracións que obriguen as concesionarias a respectar escrupulosamente os convenios nas obras públicas
Delegados da CIG-Construción e parados do sector paralizaron durante toda a mañá as obras de ampliación do aeroporto de Lavacolla para denunciar o incumprimento do convenio, as xornadas abusivas, a obriga de traballar sábados, domingos e festivos e a explotación á que son sometidos os traballadores estranxeiros, nomeadamente  os portugueses, contratados con salarios e condicións laborais peores que os seus compañeiros. Esta acción insírese na campaña que a CIG-Construción vén desenvolvendo desde hai un ano para exixir o cumprimento da xornada, o pagamento dos salarios según convenio e para denunciar que ao incumprir estas condicións as empresas están incorrendo en fraude fiscal e fraude á Seguridade Social.
15/1/2010 Lembran que tiveron que pasar un proceso de oposición e que as súas condicións laborais son moi inferiores á do persoal da administración
O Comité do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar manifestou o seu malestar polas informacións aparecidas na prensa a respecto das condicións laborais do persoal que traballa para dito ente. Dende o Comité lembran que os traballadores/as accederon aos seus postos mediante un proceso de selección e aseguraron que “resulta inaudito que por un cambio de goberno, o persoal dunha entidade dedicada á xestión pública de servizos sociais, estea constantemente cuestionado por algún medio de comunicación e polo propio goberno cando é, este mesmo, o que está dirixindo esta entidade”.
18/9/2009 Mantiveron unha concentración ás portas da Casa Consistorial e fixeron entrega dun escrito no Rexistro municipal
A Federación de Construción e Madeira da CIG-Ferrol levou a cabo no mediodía do venres 18 de setembro unha concentración ás portas do Concello de Ferrol para denunciar, unha vez máis, as precarias condicións de traballo nas que se atopan os traballadores da maioría das empresas que desenvolven a súa actividade nas obras adscritas ao Plan E.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com