Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
Banco Gallego
18/4/2013 A sección sindical lembra que o Banco Sabadell xa foi o beneficiario da poxa da CAM, onde impulsou un ERE salvaxe para o persoal procedente desta Entidade
Ante a decisión do FROB (é dicir do Goberno Central) de adxudicar o Banco Gallego ao Sabadell, a CIG lamenta esta decisión política e manifesta o seu rexceitamento. A sección sindical sinala que se perde así unha nova empresa galega, nomeadamente no sector financeiro, dentro do proceso de concentración e centralización impulsado polo Goberno. Denuncia ademais as consecuencias deste proceso para o tecido produtivo, e polo tanto para a economía e o emprego en Galiza que, alerta, “irán máis ala da propia reestruturación do banco”.
3/10/2012 Exixe da Xunta de Galiza un compromiso firme en materia de emprego, para os 6.000 traballadores/as afectados
A CIG-Banca vén de convocar para o vindeiro día 11 de outubro, entre as 11:00 e as 12:00 horas, unha concentración diante do edificio administrativo da Xunta, en San Caetano, para demandar un compromiso en materia de emprego no proceso de resolución ordenada de Novagalicia, que afecta tamén ao Banco Gallego e ás empresas auxiliares, e a 6.000 traballadores e traballadoras en Galiza.
24/5/2012 Demandan que se manteña como banca pública para que, logo de socializar as perdas, tamén se socialicen os beneficios
Delegados e delegadas de Novagalicia Banco, do Banco Gallego (entidade participada) e das empresas auxiliares (HP, Unicom e CISER) concentráronse esta mañá diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza, en Compostela, para demandar unha solución inmediata para NCG, que garanta a viabilidade futura da entidade e o mantemento dos 6.000 postos de traballo -directos e indirectos- que están en xogo. Responsabilizan da devaluación da entidade tanto á grande banca, como ao presidente da Xunta, e consideran que esa solución debe vir por manter á entidade como banca pública.
22/5/2012 Terá lugar o vindeiro xoves, día 24 de maio, ás 11:00 horas
Os delegados e delegadas da CIG en novagalicia banco, no Banco Gallego (entidade participada) e nas empresas auxiliares (HP, Unicom e CISER) convocan unha concentración o vindeiro día 24 de maio diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, para esixir unha solución inmediata e urxente, un plan de futuro para NCG Banco, que garanta os máis de 7.000 postos de traballo.
11/10/2011 Afectará ao 53% do persoal, coa extinción de 99 postos de traballo en Galiza, o peche dos servizos centrais na Coruña e de 25 oficinas
A Sección Sindical da CIG no Banco Gallego rexeitou o Expediente de Regulación de Emprego acordado entre a Dirección da empresa, CCOO e UGT. Clodomiro Montero, secretario nacional de CIG-Banca considera que “estamos ante un duro plano de reestruturación a través dun ERE centrado en Galiza que culmina a deslocalización dos Servizos Centrais cara a Madrid”. O acordo afectará ao 53% do cadro de persoal, coa extinción de 99 postos de traballo en Galiza vinculado ao peche de SSCC na Coruña e de 25 oficinas e establece mobilidade xeográfica obrigatoria para  145 persoas.
21/9/2010 A entidade está inmersa nun proceso de externalización de departamentos e traslado do centro de decisión cara Madrid
Uns 200 delegados e delegadas sindicais de bancos e das caixas de toda Galiza trasladáronse esta mañá até as portas das oficinas de Servizos Centrais do Banco Gallego en A Coruña para denunciar a política de despedimentos e o desmantelamento paulatino dos departamentos do banco cara Madrid. O persoal mantivo unha ruidosa protesta durante algo máis de unha hora e mesmo cortou o tráfico durante quince minutos na rúa Linares Rivas, unha das principias vías de A Coruña; momento no que se incorporaron á concentración varios dos traballadores e traballadoras dos Servizos Centrais.
8/9/2010 Acordan unha mobilización de representantes sindicais o 21 de setembro na sede central na Coruña e remitir un escrito ao Presidente para que rectifique a súa política laboral
O persoal do Banco Gallego participou activamente na asemblea convocada por CIG, CCOO e UGT para dar resposta aos despedimentos realizados pola entidade en base ao artigo 52 do Estatuto dos Traballadores/as, despois de externalizar o servizo de estranxeiro situado ata o de agora nos Servizos Centrais do banco na Coruña.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com