6/9/2010
Máis de 150 persoas participaron na manifestación convocada pola CIG na localidade pontevedresa o pasado venres
Os traballadores e
traballadoras afectados polo Expediente de Regulación de Emprego extintivo presentado por Industrias
González reclamaron na rúa o pago dos atrasos e indemnizacións
que lles adebeda a empresa de Lalín. A manifestación, convocada
pola CIG, percorreu tamén a localidade pontevedresa para denunciar a situación que
padece a comarca do Deza, onde a crise económica está a provocar
o peche de moitas compañías.
31/8/2010
A CIG convoca unha manifestación en Lalín este venres día 3 a partir das 19.30 horas
Os traballadores e
traballadoras afectados polo ERE extintivo presentado por Industrias
González reclamarán na rúa o pago dos atrasos e indemnizacións
que lles adebeda a empresa de Lalín. A manifestación, convocada
pola CIG, tamén ten como obxectivo denunciar a situación que
atravesa a comarca do Deza, onde a crise económica está a provocar
o peche de moitas compañías.