Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Deputación de Pontevedra
14/5/2010 CeltraPrix, a empresa concesionaria, vén de abrir un novo expediente a un traballador
O 13 de maio tiña lugar diante do Concello de Cangas unha concentración en resposta á represión sindical na empresa concesionaria do parque de bombeiros do Morrazo, "Celtaprix", que sanciona de forma reiterada a delegados da CIG desde o 2009. A mobilización tiña como obxectivo conseguir que o presidente do Consorcio Comarcal do que depende o parque, José Enrique Sotelo (PP) poña fin a esta situación. Para Suso García, secretario da Unión Comarcal da CIG no Morrazo, "a empresa pretende librarse dos traballadores máis reivindicativos de cara a xestionar o futuro Consorcio Provincial".
16/2/2010 A Deputación comprométese a mediar diante da empresa para a resolución do conflito
Máis de cincuenta bombeiros de distintas zonas do país volveron mobilizarse o luns 15 de febreiro na Deputación de Pontevedra, nesta mesma cidade, para exixir a readmisión de Pablo Álvarez, traballador despedido do parque comarcal do Morrazo pola empresa Celta Prix, no que o Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra ditaminou que era un despedimento improcedente.
29/1/2010 Demandan solucións reais para as traballadoras e traballadores
O Comité de Empresa de Vigo e Ribadumia achegáronse á Corporación Provincial que celebraba o pleno ordinario do mes de xaneiro. Nesta sesión desde o BNG realizou unha pregunta sobre se a Deputación ten previsto realizar algunha actuación para axudar na complexa situación das catro factorías do grupo Alfageme.
10/11/2009 A empresa concesionaria despediu a un traballador e expedientou a outros dous
Bombeiros do Parque Comarcal do Morrazo continúan coas protestas para rexeitar a actitude despótica da concesionaria, Celta Prix, que despediu un traballador e sancionou dous máis. Os profesionais de Emerxencias permaneceron durante seis horas pechados na Deputación de Pontevedra o 9 de novembro como medida de presión para que a institución provincial medie no conflito.
23/10/2009 Novo caso de represión sindical
Bombeiros do Parque Comarcal do Morrazo protagonizaron o 22 de outubro unha concentración na Deputación de Pontevedra coa intención de que o organismo provincial medie no conflito desatado tralo despedimento dun compañeiro pola concesionaria, Celta Prix. O vicepresidente da Deputación, José Enrique Sotelo, que ao mesmo tempo preside o Consorcio Comarcal do Morrazo, comprometeuse a manter unha xuntanza o vindeiro 28 de outubro coa empresa e a CIG-Servizos para atopar unha solución.
15/9/2009 Pecháronlles as portas e durante dúas horas permaneceu pechado este edificio público
O martes 15 de setembro tiña lugar unha nova xornada de folga na fábrica de Treves da Avenida de Vigo. Neste día de mobilización e loita polo mantemento dos 133 postos de traballo, ameazados pola deslocalización e un ERE de extinción, as traballadoras de Treves decidiron levar a súa protesta até a Deputación de Pontevedra. Alí ás dez da mañá tentaron entrar mais cando as mulleres concentradas encamiñaron os seus pasos cara á porta principal, pecharon as portas. Durante preto de dúas horas o edificio permaneceu pechado, e pouco despois das doce da mañá finalmente accedían a que as traballadoras entraran ocupar o Salón de Plenos da Deputación, onde permanecerán pechadas até as dez da noite.
19/5/2009 Pretenden aclarar se existen acordos entre o PP e a empresa para “eximila de cumprir coas súas obrigas”
Traballadores de Valoriza Conservación e delegados da CIG-Construción pecháronse nas instalacións da Deputación de Pontevedra para reclamar unha reunión co presidente da mesma e responsábel do PP provincial, Rafael Louzán, co obxecto de aclarar as razóns do despedimento de 12 traballadores nesta empresa e se existe algunha intención por parte da Xunta de “exonerar a Valoriza de cumprir co mandato da Lei de Prevención de Incendios”. Vídeo no interior da nova.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com