15/11/2011
Un grupo de afectadas concentráronse esta mañá fronte á delegación do Goberno galego en Vigo para pedir unha solución ao conflito laboral
Un
grupo de traballadoras/es de Alfageme concentráronse esta mañá
diante da delegación da Xunta de Galiza en Vigo para reclamarlle ao
Goberno galego que libere os avais concedidos no seu día á
conserveira co obxectivo de que se poida liquidar o proceso concursal
e proceder á venta da empresa. Dende a FGAMT-CIG lembraron que unha
sentenza recente recoñece que a familia propietaria pretende dilatar
o procedemento e anuncian que seguirán coas mobilizacións até que
exista un compromiso firme por parte dos responsábeis autonómicos.
27/10/2011
A central nacionalista denuncia que hai avogados que cobran entre 12.000 e 20.000 euros só por presentar os papeis
O secretario comarcal da CIG de
Pontevedra, Rafael Iglesias, compareceu hoxe en rolda de prensa para
denunciar o que considera un abuso por parte de algúns
administradores concursais, aos que acusa de dilatar os procesos para
beneficiarse economicamente. O representante sindical sostén que na
maioría dos casos só se preocupan por cobrar os honorarios e non
por intentar reflotar a compañía e critica que haxa avogados que
cobren entre 12.000 e 20.000 euros só por presentar os papeis.
29/9/2011
O cadro de persoal da firma con sede en Gondomar continúa facendo garda á porta das instalacións para evitar a retirada de material
O
cadro de persoal de Islas Industries abandonou o peche que mantiña
no interior das instalacións do polígono de Vincios, en Gondomar,
despois de que a dirección da empresa accedese a retirar o ERE de
extinción que afecta a 70 dos seus 98 empregados/as e se acollese á
lei concursal. Os traballadores/as da firma do sector do metal
continúan facendo garda ás portas da compañía para evitar a saída
de material.
31/3/2011
Os traballadores/as despedidos reclamaran a Promocións Culturais Galegas o pagamento das débedas cun incidente concursal
O
Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra vén de condenar a
empresa editora do semanario A Nosa Terra, administración concursal
e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) a abonar os salarios e as
indemnizacións pendentes aos 24 ex traballadores/as da publicación
nacionalista. O incumprimento motivara a presentación dun incidente
concursal en xaneiro para reclamar o pagamento das mensualidades de
outubro de 2010 e as liquidacións de despedimento correspondentes.
21/3/2011
Dende a CIG e o ex comité de empresa reclaman a dimisión do conselleiro e do presidente do Igape pola súa “nula xestión”
As
traballadoras e traballadores da conserveira Alfageme dos centros de
Vilaxoán, O Grove, Ribadumia e Vigo realizarán mañá unha
concentración diante da delegación da Consellería de Industria e o
Igape na cidade olívica para denunciar a falta de información e a
“nula implicación” da Xunta de Galiza no conflito laboral
iniciado pola entrada da compañía na lei concursal. Representantes
da CIG e do comité de empresa compareceron hoxe publicamente para
reclamar a dimisión do conselleiro Javier Guerra e do presidente do
Igape.
11/2/2011
A central presentou no xulgado un incidente contra o administrador concursal e a empresa Promocións Culturais Galegas
A federación
de Químicas e Enerxía da CIG vén de denunciar publicamente que os
24 traballadores e traballadoras despedidos/as da Nosa Terra aínda
non percibiron as nóminas do mes de outubro nin as liquidacións
correspondentes despois da presentación do proceso concursal. Diante
deste incumprimento, a central nacionalista presentou no xulgado un
incidente contra o administrador concursal e a empresa editora do
histórico semanario nacionalista, Promocións Culturais Galegas.
20/1/2011
O grupo automobilístico, que se acolleu á Lei Concursal previa a un ERE extintivo, é cliente da entidade crediticia
Os 22 traballadores
despedidos da compañía viguesa Recalvi Autos -único concesionario
Fiat na provincia de Pontevedra- realizaron hoxe unha concentración
de protesta diante do Banco Santander da rúa Urzáiz de Vigo para
denunciar a súa situación e reclamar o cobro de indemnizacións.
Onte pola tarde permaneceron concentrados ás portas da tenda de
recambios que o Grupo Recalvi posúe na rúa Venezuela e anteriormente levaron
a cabo dúas xornadas de folga no taller da Avenida de Madrid.