1/8/2012
CIG-Ensino denuncia que provocará que un elevado número de interinos e substitutos queden sen traballo
A CIG-Ensino vén de
denunciar a redución do profesorado de Secundaria con destino provisional nun
55%, con 999 adxudicacións menos respecto das realizadas en setembro de 2011
para o curso que rematou. Así se tira da publicación das adxudicacións de
destinos para o curso escolar que comeza en setembro, a definitiva en Primaria
e a provisional en Secundaria.
5/9/2011
Lembra que isto se suma á redución de 800 profesores/as nos centros de Infantil e Primaria
A CIG-Ensino denuncia que os criterios mercantilistas imperantes na
Consellaría de Educación, chegan a tal nivel que este curso, por primeira vez,
fai o que non fixo nunca: atrasa a toma de posesión do profesorado que comeza
traballar con contrato de interinidade até o día 12,o mesmo día en que se
inicia o curso, para aforrar 11 días de soldo, sen importarlle as consecuencias
para os colexios e para o profesorado afectado que chegará ao centro o mesmo
día en que comezan as clases sen saber que curso imparte nin que horario ten e,
por tanto, sen poder ter nada preparado. A Consellaría impide así que este
profesorado participe na programación do curso e na posta en marcha do centro.aínda
que ten adxudicado destino desde o día 30 de agosto.
23/12/2010
Resolve un pedido de decisión prexudicial presentado por un Xulgado de Pontevedra, nun procedemento iniciado por unha afiliada da CIG-Ensino
Nunha sentenza publicada onte, o
Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), con sede en Luxemburgo, declarou
que os funcionarios interinos da Comunidade Autónoma de Galiza teñen dereito a percibir
trienios de antigüidade por aplicación directa da Directiva 1999/70, sen que
tal dereito poida verse prexudicado polo feito de que os efectos retroactivos
do cobro de trienios estean excluídos por unha norma de dereito interno, como é
o artigo 25.2 da Lei 7/2007, do Estatuto básico do empregado público (EBEP).
13/9/2010
A consellaría acordara con outros sindicatos un cambio de criterio para conformalas
A Consellaría de Educación, despois da exixencia da CIG-Ensino e do propio colectivo afectado, prevé levar á Mesa Sectorial de Ensino non Universitario a rectificación dos criterios de elaboración das listaxes do profesorado substituto e interino que non ten servizos na administración educativa.
10/9/2010
CIG-Ensino convoca unha concentración o mércores 15 de setembro, ás 11.30 horas, diante da Consellaría de Educación, en San Caetano
A Consellaría de Educación vén de publicar a adxudicación definitiva do profesorado de secundaria e bacharelato. Con esta adxudicación non se lles asigna praza a 445 interinos de secundaria e 5 das Escolas Oficiais de Idiomas. Como exemplo: 54 profesores/as de xeografía e Historia, 18 Filosofía, 45 de Debuxo, 63 de Lingua Castelá, 41 de Matemáticas, 29 de Educación Física, 61 de Música, 50 de Lingua Galega, 45 en Francés, etc, en conxunto uns 550 profesores, moitos deles con varios anos de servizo, pasan ao paro. Esta situación pode verse incrementada o vindeiro 14 cando se realice a adxudicación de FP, pois tamén nestas ensinanzas se produciron recortes importantes coa desparición de máis de 20 ciclos formativos.