9/2/2011
A central retoma as mobilizacións para esixir a modificación do documento cunha manifestación nacional na Coruña o 13 de marzo
A
Mesa Estatal do Carbón acordou pasado venres día 4 de febreiro o
desenvolvemento de toda a normativa legal necesaria para a aplicación
efectiva do Decreto do Carbón. Segundo o Ministerio de Industria, só
quedaría pendente que a Xunta de Galiza retire o recurso interposto
contra o documento diante do Tribunal de Luxemburgo.
14/10/2010
Membros da central interromperon o pleno para criticar a actitude de PP e PSOE, reclamar a súa implicación no conflito e esixir a modificación dun documento que ataca o tecido industrial galego
Membros
da CIG -entre os que se atopaban responsábeis da federación de
Químicas e Enerxía, representantes do sindicato nas comarcas
afectadas, Coruña e Ferrol, así como delegados sindicais das
empresas afectadas- realizaron este xoves 14 unha acción de protesta
no Parlamento galego para rexeitar o novo decreto do carbón. Xusto
antes de que dese comezo a intervención do secretario xeral do PSdeG
despregaron unha faixa e berraron consignas denunciando a actitude de
PP e PSOE, reclamando a súa implicación no conflito e esixindo a modificación do texto até que foron
desaloxados.
14/9/2010
A federación de Químicas e Enerxía mantivo unha xuntanza co grupo parlamentario para abordar o futuro do sector
Representantes
da federación de Químicas e Enerxía da CIG mantiveron o pasado día
10 de setembro unha xuntanza cunha delegación do grupo parlamentario
do PSOE no Parlamento galego para abordar a problemática relacionada
co Decreto do Carbón do Goberno español (Real Decreto 134/2010) que
establece o procedemento de resolución de restricións por garantía
de subministro. Dende a central nacionalista reclámanlle un
posicionamento público en contra dunha normativa que terá graves
repercusións no tecido produtivo das comarcas afectadas.