Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Dous proxectos para afrontar a crise sistémica
24/05/2013Antonio Antón
A conciencia social maioritaria das consecuencias negativas da crise e a percepción de que a xestión institucional non garante unha perspectiva me...
União Europeia: Falácias federalistas
24/05/2013Pedro Guerreiro
A alternativa à União Europeia das grandes potências e dos grandes grupos financeiros e económicos passa necessariamente pela ruptura com todos ...
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
Eleccións sindicais Eleccións sindicais
27/2/2013 A central obtivo 5 dos 13 membros que integrarán o Comité de Empresa
A CIG-Saúde vén de gañar as eleccións sindicais celebradas o martes 26 de febreiro no Hospital Xeral “Juan Cardona” en Caranza (Ferrol). Dos 13 membros do Comité que se elixían (7 no colexio de Técnicos e Administrativos e 6 no colexio de Especialistas e Non cualificados), a central nacionalista obtivo 5 representantes.
23/1/2013 Os dous delegados que se presentaron pola central nacionalista saíron reelixidos
A CIG-Metal volveu gañar as eleccións sindicais na empresa Supervisión y Control (concesionaria da Inspección Técnica de Vehículos), celebradas o pasado venres 11 de Xaneiro na ITV de Ourense, situada no Parque Empresarial do Pereiro de Aguiar.
10/1/2013 A Federación do Metal valora o proceso como o resultado da dura loita sindical realizada nos últimos anos nesta empresa
A Confederación Intersindical Galega vén de gañar as eleccións sindicais en Masa Galicia S.A., celebradas o martes 8 de xaneiro. A central nacionalista obtivo 52 votos, conseguindo cinco dos nove representantes que integrarán o Comité de empresa. Pola súa banda, CCOO obtivo tres delegados, mentres que UGT ficou só con un representante no Comité.
26/12/2012 Malia as presións e despedimentos e dun longo conflito laboral a empresa non conseguiu o seu obxectivo de dobregar a vontade das traballadoras e traballadores
O pasado venres 21 de decembro celebrábanse, finalmente, as eleccións sindicais na empresa de industrias cárnicas Campiñas de Laiño S.L, tras dun longo conflito laboral motivado polos impagos reiterados de salarios. Malia as dificultades existentes por mor da actitude da empresa, que puxo todos os atrancos ao seu alcance, a CIG obtivo o 100% da representación.
2/11/2012 Dun total de 23 delegados/as, a CIG obtén 12, fronte a CCOO, que obtén 7 e a UGT que consigue 4
O pasado mércores, tras unha longa xornada de votación, a CIG foi elixida, de novo, polo persoal de Bosch Vigo como o sindicato maioritario no Comité de Empresa. Do total de membros que conforman o Comité, 23 delegados/as, a CIG obtén 12; CCOO, 7 e UGT, 4.
6/8/2012 A empresa dificultou a presentación de candidatura no Colexio de Técnicos e Administracións pero acadou 87 votos, fronte os 29 de CCOO no de Especialistas
O pasado venres, día 3 de agosto, celebrábanse as eleccións sindicais na metalúrxica Celsa Atlantic S.L, de Laracha. A empresa, co seu decido apoio a CCOO, impedía a presentación de candidatura da CIG no colexio de Técnicos e Administrativos. Malia iso, a central sindical presentaba candidatura no colexio de Especialistas, conseguía 87 votos e cinco delegados/as, o que supón a maioría absoluta no comité de empresa.
26/7/2012 Acada o 100% do Comité, formado por 5 delegados
Nas eleccións celebradas o 24 de Xullo (véspera do día da Patria) as traballadoras e traballadores de EGATEL decidiron depositar toda a súa confianza no sindicalismo nacionalista, e apoiar só unha candidatura da CIG nas primeiras eleccións sindicais que se celebran na empresa.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com