Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
oposicións
2/1/2012 A CIG Correos rexeita esta decisión, que en Galiza afecta a unhas 15 persoas que xa hai seis anos que superaron o proceso selectivo
Logo de aprobar unha oposición para ingresar en Correos, e tras seis anos nunha Lista de Expectativa de Ingreso, a empresa postal, xunto a CCOO, UGT, C-SIF e Sindicato Libre, acordou eliminar estas listas sen ofertar os postos de traballo necesarios para que este persoal poida incorporarse como persoal fixo. Dende a CIG-Correos rexeitan esta decisión e demandan da empresa que ofreza os postos necesarios para garantir un emprego ás persoas que teñen a oposición aprobada.
21/7/2011 A central nacionalista detectou irregularidades nas oposicións de Primaria en cidades como Ourense, Vigo ou A Coruña
A CIG-Ensino tivo constancia de irregularidades que se produciron no desenvolvemento dos procedementos selectivos aos corpos docentes que se están celebrando estes días. Varios tribunais retiraron da web as cualificacións da proba de oposición alegando problemas informáticos. Concretamente, o tribunal Nº8 de Primaria de Ourense retirounas da web o día 13 de xullo cando xa había persoal opositor que realizaran todas as probas e estaban avaliados, incumprindo así a norma establecida de publicar diariamente as cualificacións do persoal avaliado. Situacións similares repetíronse en tribunais de Vigo e A Coruña, "sendo numerosas as queixas de tribunais que retiraron da web as cualificacións para modificalas alegando erros do sistema informático”. Diante disto, reclámalle á Consellería de Educación que asuma a súa responsabilidade e vele polo cumprimento da normativa que regula as oposicións.
14/7/2011 O Ministerio reiterou a súa intención de aprobalo e aplicalo xa na vindeira convocatoria
A última hora da tarde do pasado martes rematou a negociación do borrador do novo sistema de aceso á función publica docente na Mesa Sectorial de Educación do Estado. A CIG-Ensino criticou desde o principio as présas do Ministerio de Educación por querer negociar xa metidos no verán e nun espazo de tempo tan curto un real decreto tan importante e que vai afectar a milleiros de opositores e opositoras. Tamén solicitou en repetidas ocasións que se paralizara a negociación até o inicio do vindeiro curso tendo en conta a necesidade de negociar devagar unha norma deste tipo.
8/7/2011 A central lamenta que o Ministerio rexeitase a proposta e manifestase a súa intención de pechar a negociación a vindeira semana
Recentemente celebrouse en Madrid a reunión da mesa sectorial de Educación do Estado co obxecto de debater a proposta de novo sistema de oposicións para o ensino realizada polo Ministerio. Neste reunión a CIG-Ensino reiterou a súa solicitude de paralización da negociación ao considerar que unha cuestión tan importante para o futuro do sistema educativo e que afecta a milleiros de futuros opositores debe ser negociada con tempo suficiente "se de verdade o que se busca é acadar un acordo que permita mellorar o sistema de acceso á función pública docente", explican dende a central.
12/4/2011 A convocatoria da oferta de emprego publicouse o luns 11 de abril
A CIG-Ensino demandou, na última mesa sectorial na que se trataba a Orde pola que se convocan as oposicións ao corpo de mestres e de Artes Plásticas e Deseño, que as probas de acceso á función docente se realicen en lingua galega e denunciou a raquítica oferta de emprego prevista para este ano. A convocatoria publicouse o luns 11 de abril e o prazo de presentación remata o día 2 de maio.
21/2/2011 A Consellaría aínda non convocou a Mesa Sectorial Docente para tratar a oferta de emprego público
A CIG-Ensino volveu denunciar que a Consellaría de Educación continúe sen convocar a Mesa Sectorial docente para tratar a oferta de emprego público, varios días despois de que o Conselleiro utilizase este tema propagandisticamente. Así mesmo, a Federación aclarou que vai demandar que, como mínimo, unha parte da proba de acceso se realice na nosa lingua “como mellor forma de garantir que o profesorado que acceda á función pública en Galiza reúna a formación necesaria para cumprir o establecido en materia lingüística”.
30/8/2010 Celebraranse no IES de Imaxe e Son da Coruña o vindeiro 11 de setembro
A Consellaría de Educación vén de estimar parcialmente o recurso presentado pola CIG Ensino sobre as anomalías que se produciron na oposición de acceso a Profesorado de Técnicas e procedementos de imaxe e son polo que a parte B3 (exercicio práctico) será repetida o día 11 de setembro.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com