8/2/2012
Quere frear o proceso de privatizacións e recortes emprendidos polo goberno do PP
A
Plataforma SOS Sanidade Pública vén de anunciar o inicio da recollida de
sinaturas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento de
Galiza e frear a política de “recortes e privatizacións” do PP. A Plataforma,
que terá que xuntar un mínimo de 15.000 sinaturas, quere preservar a xestión pública
directa dos centros sanitarios, potenciar a Atención Primaria, a promoción da
saúde como alternativa á crise e as áreas sanitarias como espazo para a
planificación e a xestión dos recursos.
24/1/2012
A CIG-Ensino denuncia novos anuncios de privatización, en Coristanco e O Pino
Hoxe, no Diario Oficial de Galicia, O
Consorcio continúa coa carreira privatizadora e anuncia, no Diario Oficial de
Galiza deste martes 24 de xaneiro as privatizacións das Escolas Infantís
“Galiñas Azuis” que van abrir nos Concellos de O Pino e Coristanco. Ante esta
situación, a CIG-Ensino convoca unha concentración de delegados e delegadas
este mércores, día 25 de xaneiro, ás 11:15 horas, diante do Consorcio Galego de Igualdade e
Benestar.
23/1/2012
Denuncia que se utiliza como instrumento propagandístico partidista e non como canle informativa institucional
A CIG-Ensino rexistraba esta mañá, no Valedor do Pobo
unha queixa contra a consellaría de Educación polo uso “fraudulento e
partidario” da web institucional da consellaría. Web que, segundo denunciou
Anxo Louzao, “ataca, terxiversa e falsea as posicións da CIG-Ensino, sen que
nin sequera teña dereito de réplica”.
20/1/2012
Alerta do déficit de prazas públicas no centro da cidade e reclama unha reordenación
A CIG-Ensino vén de reclamar ao Xefe
Territorial de Educación a reordenación das zonas educativas en Vigo, alén de
manifestar a súa preocupación pola escasa oferta de prazas e colexios públicos
no centro da cidade. Valora que a administración educativa amosara certa
receptividade ás súas demandas e que comunicara que xa está bastante adiantado
o traballo de remodelación das devanditas zonas.
18/1/2012
Oponse á privatización, por parte da Xunta, das novas escolas infantís do Consorcio e denuncia que se recurre fraudulentamente á vía de urxencia
O
Consorcio Galego de Benestar e Servizos Sociais comezou no día de onte, 17 de
xaneiro, a carreira para privatizar as novas escolas infantís que abrirán as
portas proximamente. Fíxoo anunciando no DOG a privatización da escola infantil
de Monteporreiro (Pontevedra). Hoxe, 18 de xaneiro, anúnciase a licitación da
xestión privada das escolas de Betanzos e Carballo. Estes novos centros
educativos formarán parte da rede de Galescolas creada polo anterior goberno da
Xunta mais serán as primeiras en ter unha xestión privada.
17/1/2012
No DOG deste mércores, 17 de xaneiro, anúnciase a licitación da xestión privada da escola infantil de Monteporreiro, en Pontevedra
A CIG-Ensino denunciou este mércores que a Xunta de Galiza vén de
iniciar o proceso de privatización das novas escolas de educación
infantil “Galiña Azul”, logo de publicar no DOG a licitación do centro
de Monteporreiro (Pontevedra), desde a data de apertura, 1 de marzo de
2012, até o 31 de agosto de 2014. En outubro do pasado ano a Federación
da CIG xa alertara publicamente de que o Goberno galego tiña a
pretensión de privatizar 17 escolas infantís, todas elas de nova
apertura.
4/1/2012
Os familiares do mozo non puideron visitalo na prisión até 15 días despois do seu arresto
A pai dun dos mozos detidos na última operación da Audiencia Nacional española contra o independentismo galego relata nunha crónica que fixo chegar á CIG a crueldade coa que actúa o sistema penitenciario. Entre outras cousas, denuncia que non puideron visitalo na prisión na que se atopa recluído até 15 días despois do seu arresto.