15/5/2013
Os salarios do persoal rebaixáronse nun 14%, os de dirección só no 1% e os da alta dirección medraron o 11,8%
Este martes
celebrouse a segunda das reunións do período de consultas aberto pola dirección
de La Voz de Galicia coa intención
de inaplicar parte do convenio en vigor. O Comité sinala que a empresa “non
mostrou vontade críbel de modificar a súa plataforma inicial”: a Proposta do 66 % e que tampouco pechou
a porta aos despedimentos baseados na disposición adicional primeira do
convenio que se discute na AGA. O comité solicita a retirada da proposta porque
entende que o informe foi elaborado ‘ad hoc’ para xustificala.
9/5/2013
O principio de acordo está pendente de ser ratificado nas asembleas de traballadores/as que se celebran este xoves
A folga e mobilizacións dos traballadores e traballadoras de Darty quedaron desconvocadas logo de que se acadase un preacordo entre empresa e a parte social, que deberá ser ratificado nas asembleas do persoal que se van celebrar este xoves. O principio de acordo mellora substancialmente as cativeiras condicións económicas das indemnizacións coas que a multinacional pretendía liquidar o persoal de todos os estabelecementos que posúe no estado español.
7/5/2013
A empresa presentou un ERE para sete traballadoras e durante o período de consultas solicitou concurso voluntario de acredores
As traballadoras e traballadores de Star Center, dedicada á venda de electrodomésticos e situada en Narón, protagonizaron este martes unha concentración diante das instalacións da empresa no Polígono da Gándara en rexeitamento ao despedimento de sete compañeiras e para esixir o cobro das tres nóminas que se lles adebedan.
7/5/2013
A protesta realizouse tamén ás portas do SMAC, coincidindo co acto de conciliación
A CIG-Servizos de Ferrol realizou na mañá deste martes unha concentración ás portas do comercio que a firma Emilio Iglesias ten na Estrada de Castela en protesta polo despedimento dunha traballadora, que tamén é delegada de persoal pola central nacionalista.
3/5/2013
A empresa, que ten a contrata a limpeza dos recintos da Armada, está incumprindo as condicións do prego de adxudicación
A CIG vén de denunciar publicamente a actitude da empresa Cleanet Empresarial, S.L. -adxudicataria da limpeza nos recintos da Armada española no Concello de Ferrol-, polo despedimento de catro traballadoras, ás que lles nega o seu dereito a seren subrogadas. A central sindical tamén denunciará este atropelo pola vía xudicial.
3/5/2013
Solicitouse a nulidade do despedimento ao entender que non existen causas nin económicas nin organizativas
Este xoves continuaban as mobilizacións para esixir a readmisión dunha traballadora do servizo de limpeza do Hospital Arquitecto Marcide, inxustamente despedida pola empresa Ferroser (que ten a contrata do servizo). Desta volta, a protesta trasladouse até as portas do xulgados de Ferrol, coincidindo coa celebración do xuízo polo despedimento, que logo de máis de tres horas quedou visto para sentenza.
29/4/2013
A multinacional francesa presentou un ERE de extinción para o conxunto do cadro de persoal
Os traballadores e traballadoras de Darty iniciaron este luns folga indefinida e mobilizacións contra o peche dos estabelecementos que a empresa ten en todo o estado español e na defensa dos empregos. A multinacional, que hai uns anos adquiriu as tendas da antiga San Luis e conta cuns 160 empregados/as no noso País, presentou un ERE de extinción para todo o cadro de persoal, a pesar de que os estabelecementos situados en Galiza son rendíbeis.