Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Dous proxectos para afrontar a crise sistémica
24/05/2013Antonio Antón
A conciencia social maioritaria das consecuencias negativas da crise e a percepción de que a xestión institucional non garante unha perspectiva me...
União Europeia: Falácias federalistas
24/05/2013Pedro Guerreiro
A alternativa à União Europeia das grandes potências e dos grandes grupos financeiros e económicos passa necessariamente pela ruptura com todos ...
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
megafonia
24/4/2013 Renato Núñez, Secretario de Organización da CIG - Compostela, considera que logo de 6 autos xudiciais é o momento de pedir responsabilidades ao concello
27 de xaneiro do 2011, 1º de maio do 2011, 1º de maio do 2012, 14 de novembro do 2012, 10 de marzo do 2013 e agora o 1º de maio do 2013 son datas de mobilizacións nas que a CIG de Compostela tivo que acudir ao Xulgado para acadar as autorizacións para megafonear, colocar faixas ou obter permisos para a lectura dun manifesto. Seis datas ás que hai que sumar outras varias nas que non foi posíbel por razón de tempo ou de medios, presentar denuncias contra o concello e nas que non se puideron exercer debidamente os dereitos vulnerados.
8/3/2013 A central sindical denuncia que o escrito, con data o 27 de febreiro, foi remitido o día 7 de marzo, coa fin de dificultar a presentación dun recurso
Máis unha vez o concello de Santiago vén de denegar á CIG a autorización para pasar megafonía anunciando a convocatoria da manifestación convocada pola central sindical para o vindeiro domingo, día 10 de Marzo, baixo o lema Salvemos os noso convenios, contra a pobreza e a explotación”. A CIG denuncia que o escrito, que foi recibido este xoves, día 7 de marzo, leva data de 27 de febreiro, polo que entende que se atrasou a mantenta a súa remisión coa fin de dificultar a presentación dun recurso.
9/11/2012 Esta e a quinta vez que a central sindical ten que recorrer á xustiza ante a denegación do permiso por parte do concello de Santiago
A CIG de Compostela interpuxo, unha vez máis, recurso contencioso-administrativo polo procedemento especial para a protección de dereitos fundamentais, tras da denegación do concello de Santiago de realizar publicidade, por medio de megafonía, da convocatoria de manifestación que, con motivo da folga xeral do vindeiro 14 de novembro, se convoca, ás 12:00 da mañá dese mesmo día. No recurso, a CIG denuncia ademais a exixencia de 1.200 euros, en concepto de fianza, por colocar dúas pancartas anunciando a convocatoria.
25/4/2012 Unha vez máis, o concello de Santiago non deu os permisos necesarios
A CIG de Compostela tivo que presentar novamente un recurso contecioso-administrativo polo procedemento especial de vulneración dereitos fundamentais, contra o silencio administrativo da concellaría de Tráfico e Seguridade Cidadá do concello de Santiago, por non resolver a solicitude do 3 de abril relativa á publicidade dos actos que levará a cabo a central sindical o vindeiro Primeiro de Maio.
24/2/2012 Logo das numerosas manifestacións e concentracións celebradas alega que afecta ao ámbito do Plan especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica
A CIG de Compostela manifesta o seu malestar pola decisión do concello de Santiago de “desestimar” a petición da central sindical de facer un enganche de luz e de utilizar a furgoneta de megafonía na manifestación das traballadoras/es, convocada para mañá sábado, día 25, ás 11:30 horas. A furgoneta, di o decreto emitido polo concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, “poderá facer o percorrido polas rúas da nosa cidade, agás as rúas de uso peonil e as vías de circulación prohibida sinaladas no capítulo III da Ordenanza xeral Municipal e Uso de Vía pública”.
26/5/2011 A sentenza establece que a decisión de Jiménez Morán vulnera o dereitos fundamentais como a liberdade de expresión, sindical e de folga
O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense vén de estimar o recurso presentado pola CIG contra o decreto do alcalde de Verín mediante o que se denegara a autorización para difundir con megafonía a convocatoria de folga xeral do pasado 27 de xaneiro. A sentenza establece que a decisión de Juan Manuel Jiménez Morán vulnera o dereito fundamental de liberdade de expresión e o de liberdade sindical e de folga.
25/1/2011 A central solicita modificar a ordenanza municipal en materia de publicidade, así como habilitar os espazos adecuados para as comunicacións
O xulgado vén de emitir un auto polo que autoriza á CIG de Compostela de anunciar por megafonía polo centro da cidade a manifestación que a central sidical ten convocada este xoves 27 de xaneiro, con motivo da xornada de folga xeral. Dende a Unión Comarcal denuncian que esta é a segunda ocasión na que teñen que recorrer á xustiza para que permita o exercicio dun dereito fundamental que o Concello dificulta de xeito sistemático.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com