Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Em defesa das revoltas de Ferguson nos EUA
21/08/2014Robert Stephens II
Vivemos num contexto de supremacia branca e de capitalismo neoliberal onde as políticas racialmente neutras estão a ser utilizadas para manter a e...
Ébola ou a falência moral do capitalismo
21/08/2014Jean Batou
A trágica epidemia atual mostra até que ponto a busca desenfreada do lucro privado é incompatível com a saúde pública; em particular, a das po...
Acusemos Israel
21/08/2014Boaventura de Sousa Santos
Assim se vem paulatinamente eliminando um povo da face da terra desde há sessenta e seis anos. A Cisjordânia palestina vem sendo desmantelada pelo...
América Latina: débeda e protesta social
21/08/2014Luis Britto García
As organizacións que suceden os neoliberalismos fracasados son socialistas, en vías cara ao socialismo ou afíns con el. De Marx toman a loita de ...
Grecia: Da crise da débeda soberana á predeterminación do sistema político
21/08/2014Leonidas Vatikiotis
A esquerda europea debería aprender da esquerda latinoamericana, que rexeitou calquera tipo de integración económica con Estados Unidos en forma ...
O caso da dívida argentina
18/08/2014Prabhat Patnaik
Império na ofensiva
18/08/2014Igor Fuser
Ainda o poder do financismo
14/08/2014Paulo Kliass
privatizacion das caixas
5/11/2013 A Federación de Banca reclama que a entidade volva estar baixo control da Xunta e sexa transformado nun Banco Público Galego
A CIG-Banca realizou este martes unha concentración diante da oficina principal de Novagalicia Banco na Coruña para reclamar a paralización inmediata da poxa da entidade e para esixir garantías na continuidade dos postos de traballo. A protesta enmárcase na campaña que a central sindical está a desenvolver en rexeitamento ao proceso de privatización de NGB posto en marcha polo Goberno español.
21/7/2011 Delegados e delegadas da central concentráronse ás portas de Palexco para rexeitar a privatización da caixa galega e os custos laborais do proceso
Delegados e delegadas da CIG concentráronse esta tarde diante das portas do Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco), onde tivo lugar a Asemblea Xeral de Novacaixagalicia na que se aprobou o traspaso do negocio financeiro da caixa ao novo banco. Con esta protesta a CIG, que votou negativamente cada un dos puntos da orde do día da Asemblea, quixo amosar novamente o rexeitamento á privatización da caixa galega, a perda de soberanía financeira que supón e denunciar o custe laboral que este proceso está tendo para os traballadores e traballadoras, xa que implica a destrución de 1.700 empregos.
20/7/2011 A federación de Banca ten convocada unha concentración de protesta na asemblea xeral deste xoves
A CIG rexeita o preacordo presentado por Novacaixagalicia mediante o que se pretende ampliar o ERE anterior a 350 traballadores/as máis a través de baixas incentivadas. A proposta, que contempla a negociación dun novo ERE si a autoridade laboral non dá luz verde á ampliación do anterior, foi presentada hoxe pola dirección da empresa na mesa que está a negociar as condicións laborais de cara á conversión da entidade nun banco. A central nacionalista ten convocada unha concentración de protesta para este xoves na Coruña a partir das 16.30 horas, coincidindo coa celebración da asemblea xeral extraordinaria.
13/3/2011 A CIG demanda un cambio nas políticas antisociais, o mantemento das caixas de aforros e unha reactivación do tecido produtivo galego
Máis de 5.000 persoas participaron este domingo na manifestación convocada pola CIG e o BNG baixo o lema “Galiza ten dereito. En defensa do aforro, o emprego e o País”. A marcha saíu pouco despois das doce do mediodía dende a Alameda de Compostela e rematou na Praza da Quintana. Alí o catedrático de economía aplicada da USC, Xavier Vence, foi o encargado de ler un manifesto no que se demandou unha viraxe inmediata das políticas antisociais practicadas polos gobernos galego e español e se denunciou o abandono ao que se ven sometidos sectores básicos da nosa economía.
11/3/2011 A marcha sairá ás 12:00 horas dende a Alameda de Compostela
A CIG e o BNG teñen convocada unha manifestación nacional este domingo, 13 de marzo, en Compostela, baixo o lema “Galiza ten dereito. En defensa do aforro, o emprego e o país”. A marcha quere ser unha resposta contundente aos ataques que están a padecer sectores estratéxicos do noso País, nomeadamente as caixas de aforros. Así mesmo, a manifestación que a Federación de Químicas da CIG tiña previsto realizar o domingo 13 na cidade da Coruña en contra do Decreto do Carbón, ficou finalmente desconvocada, ao integrarse na marcha de Compostela, dado o seu carácter máis global.
25/2/2011 A mobilización, aberta aos colectivos e organizacións sociais, realizarase en Compostela o vindeiro 13 de marzo
A CIG e o BNG anunciaron esta mañá en rolda de prensa a convocatoria dunha manifestación nacional o vindeiro domingo, 13 de marzo, en Compostela, baixo o lema “Galiza ten dereito. En defensa do aforro, o emprego e o país”. A marcha, que está aberta a todas as organizacións e colectivos sociais, quere ser unha resposta contundente aos ataques que están a padecer sectores estratéxicos do noso País, nomeadamente as caixas de aforros. Así mesmo, a Federación de Químicas ten integrado nesta mobilización, dado o seu carácter global, a protesta convocada para ese mesmo día contra o decreto do carbón, polo que fica suspendida a concentración da Coruña.
24/2/2011 Delegados e delegadas da central concéntranse diante do Concello de Vigo para denunciar a actitude do alcalde, Abel Caballero, como firme defensor da bancarización
Ao berro de “Abel Caballero, por que non calas?”, delegados e delegadas da CIG concentráronse esta mañá diante do Concello de Vigo en defensa da caixa galega e para denunciar o decreto aprobado polo goberno español a través do que pretende beneficiar a gran banca e ao capital “vendendo a prezo de saldo as nosa caixas”. Durante a mobilización, a CIG-Banca advirtiu que privatizar novacaixagalicia suporá lastrar a recuperación económica e o propio futuro de Galiza.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com