9/2/2011
A central retoma as mobilizacións para esixir a modificación do documento cunha manifestación nacional na Coruña o 13 de marzo
A
Mesa Estatal do Carbón acordou pasado venres día 4 de febreiro o
desenvolvemento de toda a normativa legal necesaria para a aplicación
efectiva do Decreto do Carbón. Segundo o Ministerio de Industria, só
quedaría pendente que a Xunta de Galiza retire o recurso interposto
contra o documento diante do Tribunal de Luxemburgo.