8/5/2009
Reclaman garantías de recollida do produto e prezos dignos que posibiliten o futuro as explotacións gandeiras
Unhas 50.000 persoas participaron nas
mobilizacións conxuntas convocadas polo Sindicato Labrego Galego, UU.AA, XX.AA.e
a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) en 14 cabeceiras de
comarca para exixir unha solución á grave crise que atravesa o sector,
garantías do mantemento dos posto de traballo e do futuro do sector leiteiro. A
central nacionalista participou solidariamente nalgunha das manifestacións
desenvoltas entre as 12:00 e as 14:00 horas do 8 de maio, mentres que o
secretario xeral da CIG, Suso Seixo, estivo presente na protesta de Arzúa.
6/5/2009
Convocadas polos sindicatos agrarios nas principais comarcas gandeiras
A central sindical nacionalista apoia as
mobilizacións convocadas polos sindicatos agrarios (SLG, UU.AA, XX.AA.) e a
Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca), para o vindeiro 8 de maio
nas principais comarcas gandeiras galegas, en defensa do emprego e do futuro do
sector lácteo. A CIG chama á participación nas mobilizacións que terán lugar
entre as 12 e as 14h do vindeiro venres en Melide, Arzúa, Betanzos, Vimianzo, Ordes,
Santa Comba, Chantada, Ribadeo, Sarria, Meira, Palas de Rei, Vilalba, A Estrada
e Pontevedra.
9/12/2008
Demandan o pago das axudas directas prometidas pola administración
O SLG denunciou o incumprimento das axudas
aprobadas ós sectores de vacún, ovino e caprino, e das axudas a razas
autóctonas en extensivo, aprobadas xa dende o mes de abril pola administración
autonómica e a estatal.
28/11/2008
Presentaran alegacións a dous puntos do texto
O SLG vén de contestar ao anuncio realizado na mañá
do 28 de novembro pola Consellería de Medio Rural no que se denuncia que a
actitude amosada pola Consellaría, dando por aprobada “por acordo unánime de
todos os representantes do sector na Comisión Permanente do Consello Agrario” o
Decreto de Artesanía Alimentar de Galiza.
17/11/2008
A manifestación partirá ás 11:30 horas da Consellería de Medio Rural e rematará no Obradoiro
O SLG convoca para
o 18 de novembro unha mobilización polo dereito “á negociación colectiva dos
prezos agrarios”. Segundo explican dende o Sindicato Labrego Galego, “a grave
situación que arestora están a sufrir as explotacións agrarias en xeral e as
leiteiras en particular, perante do risco a vérense abocadas a vender a súa
produción a prezos ruinosos, pon de releve a irregularidade predominante no
sistema de contratación agraria que, no caso do leite se vendeu como a
estabilidade a través dos Contratos Homologados”.
12/11/2008
Denuncian que estes produtos, da multinacional Monsanto, constitúen un perigo para a saúde animal e humana
O SLG alertou da inclusión de diversas
variedades vexetais modificadas xeneticamente pola multinacional Monsanto
dentro do Rexistro de Variedades Comerciais permitidas no Estado español. Dende
o Sindicato Labrego Galego reiteran a denuncia da perigosidade que os alimentos
modificados constitúen para a saúde tanto animal como humana, xa
que a propia comunidade científica non mantén un posicionamento unánime, co que debería primar o principio de precaución e a non autorización.
6/11/2008
A manifestación partirá dende a entrada Consellaría do Medio Rural e rematará na praza do Obradoiro
O Sindicato Labrego Galego anunciou a
convocatoria de mobilización para o vindeiro 18 de novembro para reclamar a
fixación dun prezo mínimo para o leite. A manifestación partirá dende a entrada
da Consellaría de Medio Rural e finalizará na Praza do Obradoiro. O SLG esixirá con esta mobilización
a actuación decidida da clase política, na que reside a responsabilidade de egular o leite coa eficacia e garantías que corresponde a
un produto de primeira necesidade para a sociedade.