31/3/2011
A central revalida a súa condición como sindicato máis representativo en Aspronaga
A CIG-Ensino gañou as eleccións sindicais celebradas o pasado 28 de marzo no centro Ricardo Baró, ao conseguir os/as 5 delegados/as que conformarán o Comité de empresa. De feito, central nacionalista foi a única organización capaz de presentar candidatura, revalidando así a súa condición de sindicato máis representativo.
11/3/2011
Os traballadores e traballadoras están padecendo atrasos no cobro dos salarios porque a administración non cumpre os seus compromisos
A CIG-Ensino e o Comité de empresa do centro Ricardo Baró (Aspronaga) queren denunciar a situación na que se atopan os traballadores e traballadoras de Aspronaga que non están a percibir os salarios correspondentes ao mes de febreiro pola mala xestión da Consellaría de Traballo e Benestar.