12/3/2012
Na convocatoria de AFD 2011 desenvolta pola forGA participaron en total preto de 500 persoas en 32 Accións Formativas
forGA ten entre os seus
obxectivos pór en práctica proxectos que potencien, faciliten e consigan que os
traballadores e traballadoras poidan acadar un emprego digno a través da
formación, potenciando a participación de todas as persoas no desenvolvemento
social e económico do país. Os datos recollidos neste difícil ano son alentadores,
tanto por familias profesionais, como por delegacións da forGA, como por
provincias.
9/3/2012
A Fundación da CIG ten colocado pancartas chamando á mobilización nos distintos centros do País
A Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o emprego e a formación en Galiza (forGA), vén de iniciar a campaña de apoio á Folga Xeral coa colocación de pancartas no exterior dos distintos centros nas que fai unha chamada á mobilización.
27/2/2012
O prazo de inscrición é gratuíto e remata o vindeiro 2 de marzo
A Fundación para a Orientación Profesional,
a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en
Galiza, forGA, no seu centro de Verín, vén
a informar da convocatoria do pasado 17 de febreiro da Dirección Xeral de
Formación e Colocación da Consellaría de Traballo e Benestar, que publicou
resolución pola cál se convocan as probas de avaliación en competencias clave
para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade
(niveis 2 e 3).
30/1/2012
A xornada desenvolverase ás 19:00 horas nos locais da Fundación
A Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en Galiza, forGA, vai desenvolver o martes 31 de xaneiro, en Verín, unha xornada informativa sobre a Acreditación da Experiencia Profesional para a obtención de diferentes certificacións de profesionalidade.
24/1/2012
O segundo prazo de solicitude está establecido entre o 2 e o 31 de xullo de 2012
O próximo día 27 de xaneiro remata o primeiro
prazo de solicitude para a obtención de determinados carnés profesionais e
habilitacións profesionais correspondente á convocatoria publicada no DOG do 16
de xaneiro de 2012. O segundo prazo de solicitude está establecido entre o 2 e
o 31 de xullo de 2012.
23/1/2012
Actualmente hai convocadas unidades de competencia en diferentes familias profesionais
Xa está dispoñible a informacion da planificación das xornadas informativas
que a forGA organiza con motivo da nova convocatoria de Acreditación da
Experiencia Laboral. As xornadas están destinadas a persoas interesadas en
participar nos procesos de acreditación a través da experiencia, tanto nas
convocatorias actuais, como en vindeiras convocatorias e persoal docente e
alumnado dos cursos de formación para o emprego.
10/11/2011
Dota aos alumnos/as dos coñecementos suficientes para desenvolver esta tarefa con todos os garantes precisos
A Fundación para a Orientación
Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento
Tecnolóxico, o Emprego e
Formación en Galiza, forGA, informa da finalización da acción formativa de “Atención
sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio, polo que 13 persoas
obtiveron a certificación de profesionalidade.