4/2/2011
O venres 4 de febreiro inaugúrase a exposición fotográfica “O meu pai o exiliado”, dedicada ao “comandante Soutomaior”
O Departamento de Migración da Confederación Intersindical Galega en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados inaugura este venres 4 de febreiro ás 19:00 horas na casa natal de Curros Enríquez en Celanova, Casa dos Poetas, a exposición fotográfica O meu pai o exiliado dedicada a un dos tres comandantes do DRIL que asaltaron o Santa Maria, José Fernández Vázquez, “comandante Soutomaior”.
3/3/2009
Organizada pola Secretaría da Muller da CIG, poderase visitar até o 12 de marzo no Museo Provincial
A Secretaría da Muller da CIG de Lugo vén de inaugurar
a exposición “Mulleres no Sindicalismo Nacionalista da Galiza”, que percorre en
imaxes o traballo desenvolvido polas mulleres nos máis de trinta anos de
existencia do sindicalismo nacionalista.A mostra, que se poderá visitar até o
12 de marzo no Museo Provincial de Lugo, enmárcase dentro dos actos organizados
pola central con motivo do 8 de marzo: Día Internacional da Muller Traballadora.
2/3/2009
Do 2 ao 14 de marzo poderase visitar no local da CIG de Vigo
O luns 2 de marzo ás 11.30 da mañá celebrouse no local sindical da CIG de Vigo unha rolda de prensa para inaugurar e dar a coñecer a exposición fotográfica “Traballadoras”, que estará até o 14 de marzo neste local (R/Gregorio Espino 47), cun horario de 9.30 a 13.30 e de 17 a 20.30, e que está organizada pola Secretaria da Muller da CIG de Vigo. Ademais informaron da celebración dunhas xornadas técnicas do sector do automóbil o 4 de marzo, no Hotel Coia en Vigo, co título “Medidas de igualdade e saúde laboral con perspectiva de xénero”
16/2/2009
A mostra poderase visitar do 16 ao 20 d febreiro en Bilbao
A
exposición "O exilio galego en
Venezuela" pódese visitar dende o día 16 até o 20 de febreiro na Bilboko Burtsa, Yohn jauregia. A
exposición, da autoría do investigador e especialista no exilio en
Venezuela, Xurxo Martínez Crespo, está editada pola Fundación para o Estudo e a Divulgación Social e Sindical en Galiza,
Fesga, e organizada pola Asociación
Cultural Rosalía Castro de Barakaldo coa colaboración de Raúl Río.
20/1/2009
Unha EXPOSICIÓN E o CADERNO “A loita labrega contra os foros e o caciquismo” conmemorarán a data
FESGA, a fundación da CIG para o estudo e divulgación da cuestión social e sindical en Galiza, na súa liña de divulgación da historia do noso país, vén de conmemorar o centenario da primeira asemblea agraria galega, coa realización dunha completa exposición e a edición dun caderno titulados “A loita labrega contra os foros e o caciquismo”, en colaboración co Concello de Monforte de Lemos e coa Diputación Provincial de Lugo.
27/11/2008
Actos socioculturais
Unha escolma do traballo do fotógrafo venezolano Federico Fernández Ackermann ficou inaugurada na mañá do 27 de novembro na sede do sindicato en Lugo. CIG-Migración tamén organiza o 28 de novembro na Coruña a charla “Psicopatoloxía do retorno”, que abordará a situación dos emigrantes galegos retornados a partir das narracións das súas experiencias.
19/11/2008
A mostra, composta por seis paneis, pódese visitar no local comarcal da central en Lugo
O 17 de novembro
a Executiva da CIG trasladaba a súa reunión semanal en Compostela até o local
comarcal de Lugo. A data merecíao: a conmemoración do 90 aniversario do
Manifesto da Asemblea Nacionalista de Lugo, un feito histórico para o
nacionalismo galego. O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, o secretario
Confederal de Formación Sindical, Manuel Mera, e o secretario comarcal, Xosé
Ferreiro, foron os encargados de lembrar esta data e presentar a exposición
conmemorativa organizada pola central.