9/12/2011
Exixe da consellarÃa de Sanidade a publicación do Plan Galego de Drogodependencias
CIG-Saúde vén de manifestar o seu apoio á denuncia da Asociación Galega
de Profesionais das Drogodependencias polos recortes orzamentarios previstos
para 2012. Recortes que se traducen nunha redución de máis de 1.400.000 euros en
axudas aos dispositivos de asistencia aos Drogodependentes e ós Equipos de
Prevención. A Asociación denuncia o deterioro da coordinación entre a ConsellarÃa
e os dispositivos, asà como os nulos avances en materia lexislativa e de
integración funcional.