29/4/2011
A central sindical colombiana foi pioneira na sindicalización da poboación traballadora da economía informal
Con asistencia de 1.300 congresistas chegados
de todo o territorio nacional está celebrándose en Bogotá sob o lema “É a
hora do pobo”, o IX Congreso Nacional da CGT - Confederación Xeral do
Traballo de Colombia. Organizacións sindicais de Aruba, Arxentina, Bélxica,
Brasil, Chile, Costa Rica, Curaçao, Estado español, Galiza, Guatemala, Holanda,
México, O Salvador, Panamá, Perú, Rep. Dominicana e Venezuela están acompañando
as sesións congresuais.