25/5/2011
Nin a dirección da Fundación, nin o reitorado da Universidade de Santiago abriron canles de comunicación para desbloquear o conflito
Os traballadores e
traballadoras da Fundación USC Deportiva foron á folga novamente este mércores,
día 25 de maio, das 10:00 ás 13:00 horas e das 18:00 ás 21:00 horas, ao igual
que fixeron a semana pasada. Demandan da dirección da fundación información dos
contidos do plano de viabilidade que prevé pór en marcha o organismo e que, polo
que saben, implicará unha redución de traballadores e de actividades
deportivas. Denuncian que tras da xuntanza do pasado 18 de maio, nin a
Fundación nin o reitorado abriron canles de diálogo que permitiran desbloquear
o conflito.
19/5/2011
Concentráronse até as 12:30 horas na praza do Obradoiro e continuaron en folga durante a tarde, das 18:00 ás 21:00 horas
Os traballadores e traballadoras da Fundación
USC Deportiva foron na xornada deste xoves á folga ao non chegar a concretarse
ningunha das súas demandas na mesa de negociación celebrada onte. A folga levouse
a cabo entre as 10:00 e as 13:00 horas e continuou pola tarde, entre as 18:00 e
as 21:00 horas. Alén diso, concentráronse na Praza do Obradoiro, diante do
reitorado da Universidade de Santiago, para exixir que a fundación informe dos
contidos do plano de viabilidade que prevé unha redución de traballadores e de
actividades deportivas.
10/5/2011
Logo de que o novo Xerente da entidade comunicara a creación dunha mesa de negociación para o vindeiro xoves
A CIG-Servizos vén de informar da suspensión da folga convocada na Fundación USC Deportiva para mañá, mércores 11 de maio, logo de que o novo xerente da Fundación acordara, como primeira medida, convocar a mesa de negociación coa representación do persoal. A xuntanza terá lugar o vindeiro xoves, 12 de maio.
9/5/2011
O paro será de 10:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas o mércores 11 de maio e o venres 13 de maio e de unha hora máis o xoves día 19
A CIG e os traballadores da Fundación USC Deportiva
veñen de convocar un paro parcial os días 11, 13 e 19 de maio e unha
concentración diante do reitorado da Universidade de Santiago ás 11:30 horas
deste mércores para reclamar da Universidade e da Fundación a creación dunha
mesa de negociación para avaliar o plano de viabilidade que se está a deseñar e
que, segundo as escasas informacións das que dispoñen, implicaría a extinción
de postos de traballo e de actividades deportivas.