7/10/2011
CIG-Banca concentrarase o 18 de outubro diante das sedes centrais da Caixa
A Dirección de
novacaixagalicia (entendendida como a Caixa de Aforros xa sen actividade comercial)
anunciou que a participación no Banco da Caixa,
reducida ao 6,84% pola negociación entre o Banco de España e os Fondos
norteamericanos encabezados por José María Castellano, faría inviable a Obra
Social e os 335 postos de traballo. Foi o remate dunha semana de escándalo.A
CIG, ten convocado mobilizacións para esixir a paralización do proceso de
privatización da entidade e unha fonda investigación ante a escandalosa
actuación dos ex-directivos, directivos actuais, Banco de España e Xunta de
Galicia.
21/7/2011
Delegados e delegadas da central concentráronse ás portas de Palexco para rexeitar a privatización da caixa galega e os custos laborais do proceso
Delegados e delegadas da CIG concentráronse esta tarde diante das portas do Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco), onde tivo lugar a Asemblea Xeral de Novacaixagalicia na que se aprobou o traspaso do negocio financeiro da caixa ao novo banco. Con esta protesta a CIG, que votou negativamente cada un dos puntos da orde do día da Asemblea, quixo amosar novamente o rexeitamento á privatización da caixa galega, a perda de soberanía financeira que supón e denunciar o custe laboral que este proceso está tendo para os traballadores e traballadoras, xa que implica a destrución de 1.700 empregos.
23/6/2011
CIG-Banca demanda garantías dos postos de traballo e un compromiso de non adopción de medidas traumáticas
Tal e como
anticipou a federación de Banca da CIG, a proposta presentada
pola dirección de Novacaixagalicia para o acordo de traspaso ao banco non
garantía o emprego nin contiña compromiso de non aplicar medidas traumáticas;
non garantía as retribucións brutas anuais e a calidade das mesmas. CIG-Banca
denuncia ademais que a empresa non facilitou ningún tipo de información da
establecida legalmente.
11/5/2011
Denuncia que a Xunta de Galiza autorizou hai seis meses unha suba salarial para os directivos
CIG-Banca vén de
cuestionar as declaracións da conselleira de Economía, Marta Fernández Currás,
que dixo entender as rebaixas salariais anunciadas por novacaixagalicia como
parte do plan de recapitalización que lle exixe o Banco de España, que inclúe
un aforro de custos. Para a CIG-Banca resulta incoherente esta comprensión cos
recortes nos salarios dos empregados e empregadas da caixa cando hai apenas 6
meses a Xunta de Galiza autorizou un incremento salarial para os directivos.