Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
privatización
25/3/2013 A CIG exixe a retirada do anteproxecto de Lei de Racionalización e Sostemento da Administración Local e da taxa de reposición que impide a contratación de persoal
A CIG vén de demandar, en rolda de prensa, a retirada do anteproxecto de Lei de Racionalización e Sostemento da Administración Local e da taxa de reposición de efectivos que impide a contratación de persoal nas administracións públicas. O secretario xeral, Suso Seixo, alerta de que esta Lei pretende a recentralización do Estado, reforzando as competencias das deputacións, e abrir á empresa privada o negocio dos servizos públicos que prestan os concellos. Ante isto, Antonio López, responsábel do sector local da CIG-Administración advirte de que os casos denunciados constatan que “a privatización alimenta a corrupción”.
6/3/2013 Denuncia que a Xunta de Galiza e a consellaría de Sanidade renuncian as súas competencias de inspección sanitaria entregándollas ás mutuas privadas
CIG-Saúde denuncia a privatización da xestión das Incapacidades Temporais (baixas médicas) e o recorte de dereitos que isto supón, potenciando a burocratización do traballo das e dos médicos de Atención Primaria e xeneralizando a presunción de fraude por parte das traballadoras e traballadores.
25/2/2013 Comezará ás 12:00 horas e se prolongará até que se voten os orzamentos da Xunta de Galiza para 2013
A Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos convoca unha concentración para este martes, día 26 de febreiro, ás 12:00 horas, diante do Parlamento de Galiza. Con esta mobilización que coincide coa votación dos orzamentos da Xunta de Galiza para 2013, aos que queren manifestar o seu máis rotundo rexeitamento. Denuncian que poñen en perigo os servizos públicos, promoven a supresión e despedimento de persoal e deterioran as súas condicións laborais e económicas.
19/2/2013 Secretaria Nacional de CIG-Saúde
O persoal do SERGAS desenvolveu nas últimas semanas unha campaña de mobilizacións para denunciar que os recortes previstos nos Orzamentos da Xunta para 2013 provocarán a deterioración da sanidade pública galega e das condicións laborais e salariais do seu persoal. A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, advirte de que con estas medidas non se trata de paliar a crise, senón de aplicar a folla de ruta que o Partido Popular puxo en marcha desde a súa chegada ao goberno da Xunta e que persegue, tal e como explica nesta entrevista, a súa privatización.
28/1/2013 Man de obra barata para favorecer o beneficio da empresa privada
A CIG denuncia, logo de analizar os orzamentos da Xunta para 2013, que o Partido Popular non ten como obxectivo saír da crise, senón dar os pasos necesarios para modificar substancialmente -á baixa- as condicións laborais da maioría da clase traballadora, privatizar servizos até o de agora impartidos polo sector público, como educación e sanidade, e acabar co modelo de caixas de aforro, entre outros. Achegamos o documento elaborado polo Gabinete Técnico da central sindical que foi aprobado este luns pola Executiva Confederal.
25/1/2013 O sector da Autonómica da CIG-Administración denuncia que entre estes contratos se atopa o mantemento do SXPA, aplicación que a maioría dos empregados públicos consideran inútil
O día 22 de xaneiro publicáronse no DOUE os anuncios de adxudicación doutros tres contratos de servizos informáticos da Axencia de Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) da Xunta de Galiza por valor de 805.645€ (IVE excluído). Foron  PLEXUS S.L. e Altia Consultores S.A. as que se levaron as contratas deste gran sorteo da venta dos servizos públicos. Desta volta quedou fóra Indra Sistemas S.A., outra das compañías que xa case se pode considerar un departamento propio dentro da AMTEGA.
16/12/2012 María Xosé Abuín asegura que “é nazismo” cebarse cos colectivos máis desfavorecidos, cos que padecen enfermidades crónicas ou con quen teñen patoloxías máis graves
O goberno de Mariano Rajoy vén publicando, nas últimas semanas, toda unha serie de ordes ou borradores de ordes, que introducen medidas de recorte nas prestacións sanitarias, desde o (re)pago no transporte sanitario, ortopróteses ou produtos dietéticos, até o aumento do número de medicamentos excluídos ou o pagamente daqueles que son de uso hospitalario para doentes que seguen o tratamento no seu domicilio. A CIG-Saúde denuncia que se trata dun imposto á enfermidade, e que “o PP cébase con aqueles colectivos máis desfavorecidos, máis enfermos, con patoloxías máis graves e con menos recursos”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com