igualdade de oportunidades
A CIG-Ensino esixe a retirada da resolución que regula os ‘contratos-programa’ porque non garante a igualdade de oportunidades
análise máis profunda, a CIG-Ensino considera que se trata dunha proposta
perniciosa para o sistema educativo. “Un sistema que debe garantir a igualdade
de oportunidade para todos e cada un dos cidadáns galegos. Mais a proposta
presentada pola Consellaría de Educación é claramente mercantilista e confunde
o que debe ser un servizo público cunha mera mercadoría sometida á “produtividade”
Consellaría, no canto de procurar que todos os centros educativos conten cos
recursos necesarios para frear o fracaso escolar, establece uns
contratos-programa a través dos cales pretende canalizar recursos extras a determinados
centros, baseándose na taxa de éxito escolar nos distintos niveis ou etapas, sen
ter en conta o tipo de alumnado que escolarizan e a súa extracción social e
visión reaccionaria e elitista da educación, ao pór en marcha contratos-programa
para algúns centros, no canto de promover recursos e medios para todos os
centros tendo como principio a igualdade de oportunidades, para o que é
necesario medidas compensatorias que favorezan que o alumnado con maiores
dificultades de calquera índole teña na práctica igualdade de oportunidade,
Advirten que unha resolución como esta incrementa a
burocracia para os centros educativos e denuncian que mentres a consellaría presenta
todo isto a ‘bombo e platillo’, logo non realiza as substitucións do profesorado,
nin atende as demandas dos centros, con máis de 700 prazas suprimidas neste
curso e máis de 600 profesores que imparten materias das que non son especialistas
e numeroso alumnado que pasa períodos do curso escolar sen profesorado