9/2/2012
Denuncia que forman parte dunha campaña destinada a xustificar o recorte dos servizos públicos por parte da Xunta de Galiza
A CIG-Administración cualifica de “indignantes” as recentes declaracións televisivas do voceiro do Partido Popular, Antonio Rodríguez Miranda, nas que intentaba transmitir a idea de que os empregados/as públicos son uns privilexiados que se están a mobilizar por dereitos dos que non gozan o resto dos cidadáns, “sumándose a campaña do PP que pretende xustificar os recortes aos empregados/as públicos/as e o abandono dos servizos públicos polo gasto que se xera na Administración”.
26/1/2012
Este órgano representa a 3.500 funcionarios e funcionarias dos servizos centrais
Delegados e delegadas dos servizos centrais da
Xunta de Galiza concentráronse no edificio administrativo de San Caetano, en
Compostela, para manifestar a súa protesta “polo menosprezo da administración
galega no exercicio das nosas funcións, legalmente recoñecidas”. Con esta concentración denunciaban ademais que
malia ter solicitado unha entrevista co propio presidente da Xunta de Galiza
para manifestarlle a súa “indignación pola campaña de humillación contra a nosa
figura”, nin sequera recibiron unha resposta.
24/1/2012
Solicitan unha xuntanza coa nova conselleira de Facenda para coñecer a política do seu departamento
A federación de Administración da CIG vén de remitir un escrito á nova conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, no que se lle solicita unha xuntanza “na que queremos que nos aclare cal vai ser o rumbo que vai emprender esta Administración en función dos posíbeis escenarios económicos que manexa”, segundo explican dende a central nacionalista. Neste senso, denuncian que a parálise na función pública galega é total, “non así no gabinete de prensa da Consellaría, que non para de facilitar información ambigua, que non aclara nada, senón que máis ben causa cada día máis inquietude no conxunto do colectivo de empregados públicos da Xunta de Galiza”.
20/1/2012
A Xunta acorda un incremento do 19% que se aplicará a partir do vindeiro curso
No consello da Xunta celebrado onte, xoves 19 de xaneiro, anunciouse unha suba das taxas das escolas infantís do 19% que se fará efectiva a partir do vindeiro curso. Porén, a suba real é moi superior dado que aínda que o prezo por asistencia pasa do tope máximo de 110 euros mensuais a incrementarse até os 160 euros, o servizo por utilizar o comedor pasa de 33 euros até os 70 euros.
16/1/2012
A CIG denuncia que a Xunta autorizou o peche antes de coñecer o ditame da autoridade laboral, deixando na rúa a 25 traballadores e obrigando a 7 a coller vacacións
A CIG celebra que se denegara o Expediente de
Regulación de Emprego solicitado pola empresa Estrella de Santiago, que
xestiona, mediante concesión administrativa, as instalacións da Cidade de
Vacacións Monte de Gozo, de titulariedade pública. A autoridade laboral
considera que non hai motivos abondo e que o feito de que este non sexa ano
Xacobeo non é unha causa conxuntural. A empresa solicitaba a suspensión dos
contratos non só para este ano, senón para os seis anos que dura a concesión.
4/1/2012
Alerta de que vai supor “unha grave involución” para a Cultura galega
A CIG-Ensino considera que é un “despropósito”
o nomeamento de Jesús Vázquez como conselleiro de Educación e Cultura. O
secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, alerta da “grave involución”, que
suporá para a Cultura galega dados os antecedentes que ten á fronte da
consellaría de Educación e lamenta que se lle dea este "premio" como consolación
por non ter conseguido un posto en Madrid que, afirma, “é ao que realmente
aspiraba”.
26/12/2011
Denuncia a adxudicación dun novo contrato por máis de 150.000€ á multinacional, que se suma aos case 5 millóns de € por renovación de licenzas
A CIG-Administración, sector da autonómica, vén
de denunciar a adxudicación dun contrato, negociado sen publicidade, por valor
de 151.038 euros á corporación norteamericana Microsoft. Unha adxudicación que
consideran que supón “seguir esgotando os cartos públicos”, en lugar de “apostar
por unha austeridade que non dane os servizos públicos nin agrida ao persoal
que os desenvolve” e que supón o incumprimento do compromiso do goberno galego de
implantar o software libre.