Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Explotación laboral
22/11/2011 O compromiso foi adquirido na primeira das xuntanzas, celebrada hoxe na Inspección de Traballo con sindicatos e empresas
A Unión Temporal de Empresas (UTE) que constrúe o novo hospital de Vigo comprometeuse hoxe a velar polo cumprimento das condicións laborais das distintas subcontratas que prestan servizo na obra, para o contará coa participación das organizacións sindicais. A decisión foi adoptada na primeira xuntanza da comisión de seguimento e control dos traballos que se constituíu despois de que a CIG-Construcción denunciase incumprimentos sistemáticos do convenio colectivo provincial.
10/11/2011 A central nacionalista reclámalle á Inspección de Traballo que corrixa os graves incumprimentos detectados en materia de xornada e salario
Delegados e delegadas da CIG-Construción paralizaron hoxe as obras do novo hospital de Vigo para denunciar as condicións laborais que as empresas contratadas pola Administración impoñen aos seus empregados/as. Desde a central nacionalista anunciaron que permanecerán no recinto até que a Inspección de Traballo se comprometa a mediar para rematar cos incumprimentos en materia de xornada e salario que padecen os operarios/as.
21/10/2011 Só afectará aos bolseiros/as que perciban unha contraprestación económica e non xerará dereito a cobrar as prestacións por desemprego
A Secretaria da Mocidade da CIG considera insuficiente a medida que regulará a cotización dos bolseiros e bolseiras, que este venres aprobou o Consello de Ministros, xa que serán os propios traballadores e traballadoras os que se verán obrigados a facerse cargo de dita cotización. Dende a CIG-Mocidade laméntase, ademais, que non se teña aproveitado a ocasión para regular unha figura que, até o de agora, segue a estar á marxe da protección por non ter ningunha relación laboral contractual, “máis aínda cando se deixa fóra da proposta aos bolseiros e bolseiras sen contraprestación, e que, por tanto, traballan de balde”.
23/9/2010 A central constatou que tras as súas denuncias nas obras do aeroporto vigués de Peinador seguen a traballar máis de 13 horas diarias
A federación da Construción da CIG critica a inoperancia da Inspección de Traballo diante da vulneración de dereitos laborais no sector. A central nacionalista constatou que a pesar das súas reiteradas denuncias os operarios que traballan na ampliación do aeroporto vigués de Peinador seguen a realizar xornadas de máis de 13 horas diarias. O sindicato realizou hai varios meses unha acción de protesta na terminal de Vigo no marco da campaña que está a desenvolver para reclamar mellores condicións nas obras que executa a Administración pública e agora vén de comprobar que a situación non mellorou.
15/12/2009 Repartíronse 1.000 follas informativas
CIG-Mocidade de Vigo iniciou o 13 de decembro unha serie de concentracións contra o consumismo e a explotación laboral no Nadal que leva por nome “Racha co consumismo, tamén é explotación laboral!”. A campaña está a ser difundida coa colada de 400 cartaces e co reparto de 3.000 follas informativas. CIG-Mocidade anima a non mercar os domingos e festivos e a deixar de acudir aos centros comerciais como unha forma de lecer.
2/10/2008 Convocadas asembleas e concentracións en todas as cidades, o 7 de outubro
A CIG vén de convocar concentracións simultáneas en todas as comarcas de Galiza para o día 7 de outubro, para denunciar a grave perda de dereitos que suporá para a clase traballadora a ratificación, por parte do Parlamento Europeo, das modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Unhas modificacións que contemplan, entre outros aspectos, a xeneralización da posibilidade de ampliar a duración máxima da xornada laboral até as 65 horas semanais ou a relaxación na obriga empresarial de compensar con descansos o traballo realizado a maiores.
10/7/2008 Aseguran que é igual ou peor que cando se produciu o accidente en setembro de 2007
A federación de Construción denuncia que a situación dos traballadores das obras do Tren de Alta Velocidade no tramo onde se produciu o accidente en setembro de 2007, é a mesma, ou se cabe peor que daquela. Aseguran que nestes momentos están a traballar en quendas de 12 horas continuadas e no momento de facer os empurres nos tramos do viaduto, as xornadas prorróganse moito máis.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com