Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
construción
26/4/2011 José Fernández Balboa, secretario xeral da Construción, Mobles e Madeira de París da Confédération Générale du Travail (CGT)
“Nacín en Outar de Pregos, no municipio ourensán do Bolo, en 1956. Cando tiña sete anos emigro xunto aos seus pais a Francia fuxindo da situación económica, social e política. No ano 75 regreso para facer o servizo militar. Daquela xa militaba politicamente: participaba en manifestacións contra o fascismo, en solidariedade cos xulgados no Proceso de Burgos... Oito anos despois cásome e volvo marchar. Paso do sector do metal á construción, e en canto teño oportunidade preséntome ás eleccións sindicais. Escolléronme delegado e fun secretario do comité de empresa até 1992. Nese ano pasei a formar parte do estrutura do sindicato como liberado e posteriormente como asalariado. No 95 fun elixido secretario xeral da Construción, Mobles e Madeira de París e membro da comisión executiva da CGT”.
28/5/2010 A organización Asemaco e CCOO e UGT rexeitan redactar o texto na lingua do país alegando que é un “capricho” da central
CIG-Servizos rexeitou asinar o Convenio de Comercio de Materiais de Construción da provincia de Pontevedra despois de que a asociación de empresarios do sector e as centrais CCOO e UGT se negasen a firmar o documento en galego aducindo que se trataba dun “capricho” dos representantes do sindicato nacionalista.
20/4/2010 Polo cumprimento da convenio en canto á xornada, contratación e salarios nesta obra dependente do Ministerio de Fomento
Ás once e media da mañá máis de 50 persoas, entre delegados e responsábeis da CIG-Construción, xunto a desempregados do sector entraron nas obras de ampliación do aparcamento de Peinador para denunciar que nesta obra da Administración Pública, dependente do Ministerio de Fomento se realizan xornadas de 12 horas e non están a ser retribuidas segundo marca o convenio laboral. Conseguiuse parar a obra e realizouse unha asemblea informativa cos perto de 100 traballadores desta obra que apoiaron a iniciativa da CIG-Construción, cesando na súa actividade en toda a xornada completa, e só deixando un retén de catro persoas para realizar uns servizos mínimos necesarios para non ocasionar problemas no encofrado.
26/3/2010 Nota informativa desde a federación da Construción e Madeira da comarca de Pontevedra
Dada a importancia que ten polo número de traballadores/as e usuarios/as afectados/as e co fin de darlle a máxima difusión ante as numerosas consultas que ao respecto se están a receber, a CIG informa que o vindeiro 31 de marzo é festivo e retribuido a todos os efectos nos seguintes sectores: construción, canteiras, mármores e pedras.
13/1/2010 Exixen da Inspección de Traballo un maior control e vixilancia das condicións de seguridade e saúde laboral
A Federación de Construción e Madeira da Confederación Intersindical Galega vén de remitir unha nota de prensa na que manifestan "o noso máis sentido pésame á familia e aos compañeiros do traballador  falecido en acidente laboral onte en Narón ao precipitarse desde un sexto andar".
28/8/2009 Ameazas, coaccións e mesmo acoso laboral para acalar as posíbeis denuncias
A Federación da Construción da CIG en Ferrol denunciou a través dun comunicado de prensa a situación de "precariedade extrema" que sofren os traballadores adscritos ao Plan E. Estes traballadores que son contratados para realizar distintas actuacións e obras nos concellos, sufragadas polo Estado, como medida anticrise, están a vivir "todo tipo de presións e acoso laboral, que nalgúns casos se exerce baixo a constante ameaza de despido".
20/8/2009 Critica a utilización de pedra foránea nas obras da Cidade da Cultura
En xullo de 2008 había 18.246 parados no sector da Construción en Galiza. No mesmo mes de 2009 esta cifra elevábase nun 62,8%, situándose en 29.705 o número de persoas sen emprego no sector. A pesares do dato e dos máis de trinta mil dramas persoais e familiares que se agochan detrás destas cifras, as práticas no sector non variaron. Séguese a realizar unha xornada mínima de 10 horas o que, en tempos de crise, resulta unha burla para os milleiros de parados que non poden acceder a un posto de traballo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com