marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
subrogación
4/3/2010 Reclamouse a subrogación destas traballadoras/es da limpeza e o cumprimento do convenio
20100304alcampoIII
O xoves día 4 de marzo, de 11 a 13 horas, celebráronse concentracións de delegados e delegadas diante dos Hipermercados Alcampo de A Coruña, Ferrol, Compostela e Vigo Coia, para protestar polos despidos dos 12 traballadores/as de limpeza. O pasado día 1 de febreiro a dirección de Alcampo contratou a empresa Amil Lago, dona dun centro especial de emprego, non subrogando ao persoal que ate ese día estaban coa empresa Tecliman.
19/2/2010 De novo, contou cun cordón policial e unha presenza policial abusiva
20100219alcampoVII
O venres desde as once da mañá de novo perto de trescentos delegados e delegadas do sector Servizos e das tres centrais sindicais - CIG, CCOO e UGT- mobilizábanse fronte ao Alcampo de Coia para amosar o seu rexeitamento aos doce despedimentos de traballadores e traballadoras que levaban até 25 anos realizando labores de limpeza neste centro comercial. Anunciaron que continuarán coas mobilizacións, e que de non mudar a situación actual, variarían o tipo de concentracións e actos levados até o de agora.
18/2/2010 Solicitan que Traballo medie neste conflito e que respecte a subrogación destas traballadoras/es
20100210alcampoVII
O venres día 19 de febreiro as tres centrais sindicais, CIG, CCOO e UGT teñen convocada unha nova mobilización: unha concentración de delegadas/os masiva nas portas de Alcampo de Coia de 11:00 a 13:00 horas para amosar o rexeitamento aos despedimentos da limpeza neste centro de traballo, asi como a solidariedade coas compañeiras e compañeiros despedidos.
10/2/2010 Denuncian o acoso policial que están a sufrir nas súas mobilizacións
20100210alcampoXIII
Durante dúas horas o mércores 10 de febreiro perto de 300 delegadas e delegados do sector de Servizos de CIG, CCOO e UGT mobilizáronse diante do Alcampo de Coia para amosar o seu rexeitamento polos 12 despedimentos e a non subrogación do persoal que estaba a desenvolver o traballo de limpeza neste centro comercial. Un cordón policial de antidisturbios estivo a escasos centímetros de traballadoras e traballadores, nunha nova mostra de abuso e acoso policial por parte da Subdelegación do Goberno de Delfín Fernández.
5/2/2010 Outras medidas xa están camiño como solicitude de reunión con Traballo, coa Patronal, e unha convocatoria de asemblea de sector
20100205alcampo
O 5 de febreiro tivo lugar unha rolda de prensa de CIG, CCOO e UGT no Alcampo de Coia na que se abordaron os despidos do persoal da limpeza neste centro de traballo pola non subrogación das traballadoras e traballadoras, asi como se deu a coñecer a contestación da Inspección, e a reunión solicitada coa Conselleira de Traballo a través da Inspección de Traballo. Tamén se anunciou a estratexia marcada para a próxima semana coa convocatoria de novas mobilizacións.
1/2/2010 Concéntranse desde o domingo á noite ás portas do Alcampo de Coia, e na noite do domingo foron desaloxadas pola forza pola Policia
20100201alcampo
A finais do mes de xaneiro estas 12 traballadoras e traballadores da limpeza recebian un aviso verbal de que ían ser despedidas, xa que a empresa Tecliman para a que traballaban deixaba de ser a empresa adxudicataria do servizo de limpeza do Alcampo, e a nova empresa, Amil Lago Servizos Xerais, só conta con persoal con discapacidades, polo que non procedía á subrogación do persoal como está fixado no Convenio Provincial. As traballadoras e traballadores decidiron mobilizarse e comezar unha loita a todos os niveis na defensa dos seus postos de traballo