Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
subrogación
3/2/2012 O PPdeG comprometeuse a pórse en contacto co Concello da Coruña, no prazo dunha semana, para buscar unha solución, e BNG e PSOE indicaron que tratarán a situación no Parlamento
Unha representación dos traballadores e traballadoras da Torre de Hércules trasladouse esta mañá a Compostela para levar ás súas reivindicacións ante os grupos parlamentares. O persoal pediu dos/as responsábeis políticos que entremedien neste conflito de cara a conseguir unha xuntanza co Concello da Coruña, xa que até o momento o Goberno municipal continúa sen atender as súas peticións.
1/2/2012 Reclaman unha xuntanza co goberno local, logo de que non respondese á solicitude de reunión cursada hai máis de un mes
Os traballadores e traballadoras da Torre iniciaron un peche no mediodía deste mércores nas oficinas do Consorcio de Turismo como medida para forzar unha reunión co Concello, logo de que nin a concelleira nin o alcalde atendesen a petición de xuntanza cursada polo persoal hai máis de un mes. O persoal tiña intención de permanecer nas oficinas até seren recibidos polo goberno local, mais pasada a media tarde acordaron levantar a medida de presión tras sufrir unha indisposición un dos compañeiros, que tivo que ser trasladado en ambulancia ao CHUAC, e así poder acompañalo até o hospital.
26/1/2012 O persoal perfilou con candeas a silueta do monumento Patrimonio da Humanidade no chan da Praza de María Pita
Os traballadores e traballadoras da Torre de Hércules continúan adiante coas mobilizacións en defensa dos seus empregos. Nesta ocasión, o persoal realizou un acto simbólico que consistiu en perfilar con candeas a silueta do faro romano en plena Praza de María Pita e acender un refacho de luz para ensinar ao goberno local o camiño que leva á solución do conflito.
16/1/2012 Coincidindo co peche do faro, os dous sindicalistas abandonaron o seu encerro, iniciado o pasado mércores, e a folga de fame
Centos de veciños e veciñas da Coruña participaron o domingo na concentración convocada ao pé da Torre de Hércules en apoio aos traballadores/as e contra a decisión do Concello de pechar o faro temporalmente, deixando na rúa ao persoal que até agora prestaba os servizos na Torre. Coincidindo coa acción de protesta, Adolfo Naya e Alejandro Expósito abandonaron o encerro que iniciaron o pasado mércores e a folga de fame que mantiveron durante tres días en repulsa a medida do Goberno municipal.
11/1/2012 Demandan do Concello que garanta a subrogación do persoal e achegue información veraz sobre o tempo que o edificio permanecerá cerrado
Un sindicalista da CIG e outro da UGT permanecen pechados dende ás 10 da mañá deste mércores no alto da Torre de Hércules en rexeitamento á decisión do Concello de pechar o faro temporalmente e despedir aos/ás 13 empregados que até agora se viñan ocupando das tarefas de limpeza, mantemento e atención ao público, sen garantirlle que serán subrogados unha vez se adxudique a nova contrata.
9/12/2011 Dende a CIG denuncian a actitude do xefe da sección de lácteos do centro comercial, ao que acusan de abuso de autoridade
O comité de empresa de Alcampo Vigo 2, centro comercial situado na Avenida de Madrid, desenvolveu hoxe unha nova mobilización para denunciar o despedimento dunha traballadora e criticar a actitude do xefe da sección de lácteos. As protestas continuarán todos os luns e venres do mes de decembro entre as 12.00 e as 13.00 horas.
29/3/2011 Estabelecen un cadro de persoal un 24% inferior ao actual e non recollen con claridade a obrigatoriedade de subrogar ao 100% do persoal desta contrata da Xunta
A CIG vén de impugnar, en vía administrativa, os pregos de contratación do servizo do DOG da Xunta de Galiza. Nestes pregos, que foron publicados o o 10 de marzo no propio DOG, establécese, por primeira vez en case 20 anos e despois de diferentes concursos públicos, un cadro de persoal mínimo de 16 persoas, cando actualmente están a prestar os seus servizos, con contratacións estábeis e indefinidas, 21 traballadores/as.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com