20/1/2011
O grupo automobilístico, que se acolleu á Lei Concursal previa a un ERE extintivo, é cliente da entidade crediticia
Os 22 traballadores
despedidos da compañía viguesa Recalvi Autos -único concesionario
Fiat na provincia de Pontevedra- realizaron hoxe unha concentración
de protesta diante do Banco Santander da rúa Urzáiz de Vigo para
denunciar a súa situación e reclamar o cobro de indemnizacións.
Onte pola tarde permaneceron concentrados ás portas da tenda de
recambios que o Grupo Recalvi posúe na rúa Venezuela e anteriormente levaron
a cabo dúas xornadas de folga no taller da Avenida de Madrid.
15/6/2010
A protesta enmárcase nos actos da unión comarcal previos ás mobilizacións do xoves 17 de xuño
Delegados e delegadas da CIG de Ferrol levaron a cabo esta mañá un peche na oficina central do Banco Santander na cidade para denunciar a hipocrisía dunha banca que está a recibir inxentes cantidades de cartos públicos mentres reclama que se recorten os salarios dos traballadores/as e se precaricen aínda máis ás condicións laborais. A protesta, que se prolongou durante dúas horas, enmárcase nos actos que a Unión Comarcal está a desenvolver de cara ás mobilizacións que a CIG ten organizadas o xoves 17 de xuño en todo o País e continuarán nas vindeiras horas cunha intensa actividade de concienciación nos centros de traballo.
29/1/2010
As mobilizacións estenderanse a outras cidades galegas
Delegados e delegadas da CIG-Banca desenvolveron na mañá do xoves 28 de xaneiro dúas concentracións simultáneas diante das oficinas principais do BBVA nas cidades de Ourense e A Coruña para denunciar a desregulación dos horarios de traballo que a entidade pretende levar adiante. A falta de regulación da xornada é un problema que está afectando á maior parte do sector da banca, que a cambio de pechar as oficinas os sábados pola mañá pretende estabelecer un flexibilidade horaria absoluta. Por esta razón, a protesta celebrada en ambas cidades tamén se trasladou até as portas das oficinas doutras entidades bancarias.
18/9/2009
Acordo asinado por CCOO e UGT, que rexeitou a CIG
Por un acordo asinado por CCOO e UGT e rexeitado pola CIG, o Banco pechará as oficinas os sábados (aforrando custes), mantendo a xornada laboral en cómputo anual, incrementando o persoal media hora a xornada diaria de luns a venres, creando unha bolsa de horas a favor da empresa e conseguindo que un 80% do persoal teña horario flexible.
16/2/2008
Contra os despedimentos
Nova mobilización dos traballadores e traballadoras de Cliner, empresa que subrogou o seu servizo de limpeza nas oficinas do Banco Santander a Limpezas Cíes, o que está a provocar despedimentos e recortes de xornada e dereitos laborais.