Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
DOG
9/3/2012 O sector da Autonómica da CIG-Administración censura este dispendio mentres continúan os recortes dos servizos públicos e dos dereitos do persoal
No DOG do xoves 8 de marzo sae publicado un anuncio para a contratación de servizos para o desenvolvemento de campañas publicitarias sobre a promoción das iniciativas da Xunta de Galiza en materia de “identidade, galeguidade e datas de especial sensibilidade social”, por unha contía económica que ascende até os 1,2 millóns de euros.
29/2/2012 Poderanse presentar as solicitudes para os centros, que no vindeiro curso aplicarán unha suba considerábel das taxas, até o 31 de marzo
A Secretaría da Muller da CIG informa de que se vén de abrir o prazo de preinscripción nas Escolas Infantís 0-3 anos, dependentes da Consellaría de Traballo e Benestar e do Consorio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Rede "Galiñas Azuis"), nas que xa se aplicarán os novos prezos estabelecidos pola Xunta para as garderías, que no caso dalgúns servizos, como o de comedor, mesmo chegan a duplicar o custe actual.
15/2/2012 As persoas beneficiadas poderán percibir 360 euros por cada crianza
A Secretaría de Muller da CIG informa da publicación no DOG da orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para este 2012. A Xunta volve excluír destas axudas ás persoas que o pasado ano presentaron a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo.
30/11/2011 A Consellaría, con carácter previo á publicación do concurso, non informou nin negociou as vacantes que se convocarían
A Consellaría de Educación non recolle 53 vacantes de departamentos de orientación propostas polas Xefaturas territoriais e informadas favorabelmente pola inspección, na convocatoria de concurso de traslados. Así se constata na convocatoria publicada no DOG do 29 de novembro, do “concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da Consellería de Educación”.
18/5/2011 A diferenza das anteriores convocatorias, este ano as persoas solicitantes deberán terse acollido á redución de xornada entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011
A Secretaría de Muller da CIG vén de informar que acaban de saír publicadas no DOG as axudas aos traballadores homes e familias monoparentais que, entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011, se acolleran a unha redución da súa xornada laboral para dedicarse ao coidado dos seus fillos ou fillas menores de 3 anos.
29/3/2011 Estabelecen un cadro de persoal un 24% inferior ao actual e non recollen con claridade a obrigatoriedade de subrogar ao 100% do persoal desta contrata da Xunta
A CIG vén de impugnar, en vía administrativa, os pregos de contratación do servizo do DOG da Xunta de Galiza. Nestes pregos, que foron publicados o o 10 de marzo no propio DOG, establécese, por primeira vez en case 20 anos e despois de diferentes concursos públicos, un cadro de persoal mínimo de 16 persoas, cando actualmente están a prestar os seus servizos, con contratacións estábeis e indefinidas, 21 traballadores/as.
17/2/2011 Este ano a Xunta pretende excluír das axudas a todas aquelas persoas que presentaron a declaración da renda o ano pasado sen estaren obrigadas
A Secretaría de Muller da CIG informa da publicación no DOG da orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para o 2011. Como novidade, este ano a Xunta introduciu un novo criterio para excluír das axudas a todas aquelas persoas que presentación a declaración da renda o ano pasado e non estaban obrigadas a facelo. Non obstante, dende a CIG anímase a todas as nais e pais e solicitar de igual xeito a prestación.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com