Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
cedonosa
11/3/2009 Os delegados e delegadas de Cedonosa, Ingemarga e Ferroatlántica recibiron un recoñecemento especial pola súa loita
Os traballadores e as traballadoras de ATENTO foron os galardoados na III edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, co que a CIG quere recoñecer a loita levada a cabo polo persoal desta empresa durante o ano pasado. O premio tamén pretende ser unha homenaxe a todos os/as traballadores/as do telemárketing, un sector especialmente precarizado e vítima constante dos procesos de deslocalización. Así mesmo, fíxose unha especial mención a labor desenvolta polas seccións sindicais de Cedonosa, Ingemarga e Ferroatlántica.
30/1/2009 Foi o sábado 24 de xaneiro en Catoira
O sábado 24 de xaneiro unha nova mobilización percorreu as rúas de Catoira contra o peche da fábrica de cerámica Cedonosa, para oporse á decisión da dirección da empresa de pechar as súas portas a finais de mes. De novo centos de persoas reclamaban o mantemento dos postos de traballo, que son vitais para moitas familias desta vila pontevedresa, e reclaman "un investimento real" na factoría, "porque a viabilidade desta fábrica está máis que demostrada e non podemos permitir que se peche e que se destrúa emprego desta maneira".
13/10/2008 Contra o ERE e polo investimento real na factoría
Máis de 1.500 persoas mobilizáronse o domingo 12 de outubro desde as doce da mañá en Catoira contra o expediente de regulación de emprego exposto pola dirección da fábrica de cerámica de Cedonosa situada neste concello pontevedrés. A mobilización estaba convocada polo Comité de empresa, CIG, CCOO e UGT, e contou co apoio masivo do pobo de Catoira, que volveu encher as rúas desta vila en defensa dos postos de traballo e pola viabilidade desta empresa.
16/9/2008 Paralizouse un forno e prodúcese moito menos
O venres 12 de setembro os traballadores e traballadoras de Cedonosa de Catoira volvían saír as rúas para berrar contra os despedimentos e coa situación que veñen arrastrando desde abril, mes desde o que o persoal se reduciu un 32%. Desde este momento paralizouse un forno e Cedonosa deixou de producir 150.000 metros cuadrados de gres entre as factorías de Teruel e Catoira.
4/9/2008 Os traballadores mobilízanse de novo pola viabilidade da factoría
O 3 de setembro tivo lugar unha reunión do Comité de empresa e das centrais sindicais (CIG-CCOO-UGT), para avaliar o proceso do concurso de acredores, o expediente de regulación de emprego (ERE) e a situación actual pola que está a atravesar a planta de Catoira. Os traballadores e traballadoras comezaron unha serie de mobilizacións contra a destrución de postos de traballo e pola viabilidade desta factoría
14/7/2008 Continúa o proceso no concurso de acredores no Mercantil
Cedonosa atópase no concurso de acredores ordinario que se está a levar no Xulgado do Mercantil nº1 de Pontevedra. Dentro deste procedemento a empresa solicitou a extinción de 26 contratos e a conversión de 11 en fixos descontinuos. Por parte do Xulgado instouse as partes a que tal e como establece a lei concursal se iniciara o período de consultas para negociar de boa fe un acordo do ERE.
26/5/2008 Despois da concentración do 22 de maio
O xoves 22 de maio os traballadores e traballadoras de Cedonosa concentrábanse ás portas da fábrica para protestar pola subministración eléctrico e reclamar que, coa volta da luz, a factoría puidese volver a traballar. Ían manter as concentracións todos os días, mais esa mesma tarde Fenosa conectou esta instalación de novo á rede eléctrica.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com