marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
Xunta
11/3/2010 Unha fallo no sistema eléctrico do edificio de Chapela deixou patente a ineficacia do plano de evacuación
O Comité de Empresa da Consellaría de Traballo e Benestar de Pontevedra denunciou publicamente a falla de medidas de seguridade no centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Chapela. As carencias quedaron ao descuberto durante unha avaría do sistema eléctrico no edificio o pasado 28 de febreiro, no que se demostrou que o plano de evacuación non garante a seguridade de residentes e persoal e precisa dunha revisión urxente. Así mesmo, dende o Comité dirixíronse aos responsábeis da Xunta para que esixan responsabilidades á dirección do centro pola intervención tardía e o deixamento amosado.
4/3/2010 A incerteza sobre o futuro do persoal desta factoría obriga a volver ás mobilizacións
20100304alfagemeI
O 4 de marzo estaba convocada unha nova xornada de folga na fábrica que a conserveira Alfageme ten na cidade de Vigo. De novo, o seguimento foi do 100%, e estivo acompañado de distintas mobilizacións nesta xornada, desde unha manifestación desde as oficinas de Alfageme por Beiramar, durante máis dunha hora e media cortando o tránsito, até unha concentración diante da Xunta de Galiza en Vigo, e por último unha marcha até a casa de Juan Lago no Areal e unha nova visita á sede da inmobiliaria Promalar, en García Barbón.
3/3/2010 Vivíronse momentos de tensión coa policia
20100303cruzI
O persoal da Cruz Vermella segue coas mobilizacións para rexeitar o peche do hospital, nesta ocasión o mércores 3 de marzo concentráronse diante do edificio da Xunta e posteriormente encadeáronse diante da Dirección Provincial do SERGAS.
25/2/2010 A factoría de Ribadumia tamén se somara a esta convocatoria
20100225alfageme
O xoves 25 de febreiro ás once da mañá tiña lugar unha rolda de prensa no local da CIG de Vigo, na que participaron o Comité de Empresa de Alfageme de Vigo, o secretario nacional da FGAMT-CIG, Xosé Fernández Piñeiro, e un representante sindical da UGT. O motivo desta comparecencia diante dos medios de comunicación era tanto para trasladar unha analise do actual contexto que atravesa esta conserveira, e nomeadamente da súa factoría en Vigo, e dar a coñecer a convocatoria de novas mobilizacións e dunha folga para o próximo 4 de marzo, diante da situación de paralise na que se encontra este conflito.
17/2/2010 Estiveron até pola tarde no cuarto andar en Campolongo, reclamando a mediación da Xunta
20100216deportes
Os traballadores e traballadoras de instalacións deportivas, en folga indefinida desde o 1 de febreiro de 2010 pecháronse ás 12 da mañá do martes 16 de febreiro no edificio da Xunta, no cuarto andar, en Campolongo. O motivo que os levou a esta nova mobilización é que o venres 12 de febreiro de 2010 a Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, comprometeuse a mediarno conflito e sentar as partes, e a dia de hoxe aínda non tivo lugar a devandita mediación. Pola tarde efectivos da Policia Nacional desaloxaron a estes traballadores e traballadoras
21/12/2009 Os traballadores e as traballadoras prepáranse para levar a cabo o martes unha mobilización nacional en Compostela
09-12-21 Folga deportes VIII
Os traballadores e as traballadoras de instalacións deportivas de Galiza desenvolven este luns a terceira xornada de folga consecutiva no sector sen que a patronal se teña movido das súas posicións, a pesar do rotundo éxito da convocatoria. O persoal, que tamén levou a cabo mobilizacións diante de distintas administracións, ten convocada unha manifestación nacional este martes en Compostela para esixir á Secretaría Xeral para o Deporte que se implique no conflito.