10/2/2012
O xoves realizarán unha nova concentración nos centros de traballo e máis adiante outra fronte ao Marco
Máis
de 400 empregados/as da delegación da Xunta de Galiza en Vigo
realizaron este mediodía unha concentración de protesta diante do
edificio autonómico para amosar o seu rexeitamento aos recortes
laborais propostos polo Goberno galego. O vindeiro xoves levarán a
cabo concentracións fronte aos centros de traballo e máis adiante
convocarán outro fronte ao Marco.
9/2/2012
Convocan outra concentración, este venres 10 de febreiro, diante da EGAP, a partir das 13:00 horas, coincidindo coa celebración da Mesa Xeral do emprego público de Galiza
Máis de 3.000 traballadores e traballadoras do
sector público déronse cita esta mañá diante de San Caetano, coincidindo coa
celebración do Consello da Xunta. O que inicialmente estaba previsto como unha
concentración de delegados e delegadas converteuse finalmente nunha masiva
mobilización á que se sumou todo o persoal que por proximidade ou por quendas
puido ir a manifestar o seu máis rotundo rexeitamento aos recortes propostos
polo goberno do PP. O persoal, que participou masivamente nas asembleas
convocadas polas organizacións sindicais, chegou a fletar autobuses desde
diversos puntos de Galiza para sumarse a esta mobilización convocada con
carácter de urxencia.
3/2/2012
A central nacionalista cualifica de demagóxica a suspensión temporal proposta polo presidente da Xunta
A
federación de Administración da CIG reclama publicamente a
supresión “inmediata e definitiva” do coñecido como plus de
altos cargos despois de que o presidente da Xunta de Galiza anunciase
a súa suspensión temporal. Dende a central nacionalista cualifican
esta medida de demagóxica e critican que se poña á mesma altura un
complemento salarial que un por enfermidade ou accidente non laboral.
15/11/2011
Un grupo de afectadas concentráronse esta mañá fronte á delegación do Goberno galego en Vigo para pedir unha solución ao conflito laboral
Un
grupo de traballadoras/es de Alfageme concentráronse esta mañá
diante da delegación da Xunta de Galiza en Vigo para reclamarlle ao
Goberno galego que libere os avais concedidos no seu día á
conserveira co obxectivo de que se poida liquidar o proceso concursal
e proceder á venta da empresa. Dende a FGAMT-CIG lembraron que unha
sentenza recente recoñece que a familia propietaria pretende dilatar
o procedemento e anuncian que seguirán coas mobilizacións até que
exista un compromiso firme por parte dos responsábeis autonómicos.
14/9/2011
A empresa con sede en Gondomar que instala canalizacións para o naval pretende desfacerse de 70 dos seus 98 empregados/as
O
cadro de persoal de Islas Industries, empresa dedicada á instalación
de canalizacións navais e industriais con sede no polígono de
Vincios, en Gondomar, realizou hoxe unha concentración de protesta
fronte ao edificio da Xunta en Vigo para reclamar a denegación do
ERE extintivo que afectará ao 80% dos empregados/as. Dende a
CIG-Metal sosteñen que a medida non se atopa debidamente xustificada
e denuncian que agocha un intento da patronal de “desfacerse dos
seus traballadores/as para contratar man de obra barata”.
18/7/2011
A central nacionalista salienta a forte oposición social a unha norma que “nace ao servizo da ideoloxía do PP”
O pasado venres 15 de xullo o
DOG publicou a Lei
4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa.
Segundo a CIG-Ensino, nos vindeiros meses poderemos comprobar como
esta norma foi imposta cos votos do PP no Parlamento galego co único
obxectivo de procurar un mecanismo máis para reducir a presenza da
nosa lingua no sistema educativo.
4/7/2011
Reclamará que se mellore e se faga pública a xestión das listas de contratación e substitución
A
CIG-Ensino denuncia que o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
volve dar razón da súa incompetencia xa que sabe desde decembro que
non ten xente nas listas de substitucións para cubrir as vacantes do
seu persoal das galescolas (agora galiña azul) “pero non abre as listas para contar co
persoal necesario para que as poidan funcionar con normalidade
durante os meses de verán”.