28/5/2012
A CIG presentou unha denuncia nos Xulgado do Social tras comprobar que a decisión da empresa do automóbil supón unha perda salarial de 250 euros mensuais
A substituta do Xulgado do Social
número 2 de Vigo decidiu hoxe adiar até o vindeiro 3 de setembro o
xuízo pola denuncia presentada pola CIG contra a decisión de
Asientos de Galicia de introducir no convenio colectivo unha
categoría laboral inferior ás establecidas no centro de traballo.
Dende a central nacionalista argumentan a súa decisión no feito de
que a nova categoría representa unha perda salarial de arredor de
250 euros ao mes. Un grupo de delegados/as da automoción da CIG
realizaron unha concentración fronte ao edificio xudicial para
reclamar a equiparación salarial e convenios dignos no sector.
3/11/2011
Dende a central nacionalista instan á Administración e á Inspección de Traballo a impedir que se siga a dilapidar diñeiro público na súa aplicación
Arredor
de medio cento de delegados e delegadas da CIG en empresas da
automoción concentráronse esta mañá diante da sede da Xunta de
Galiza en Vigo para rexeitar a autorización masiva de Expedientes de
Regulación de Emprego no sector sen que existan razóns obxectivas.
Dende a Coordinadora do Automóbil da central nacionalista instan á
Administración autonómica e á Inspección de Traballo a velar
polos intereses dos traballadores/as e impedir que se sigan a
utilizar fondos públicos na aplicación dos EREs.