Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Lugo
18/11/2011 Publicado no DOG a renovación do concerto coa Clínica Fisioterapia Lugo SL por importe de 1,5 millóns de euros
A CIG-Saúde rexeita a decisión da Consellaría de Sanidade de renovar a privatización de parte dos servizos de fisioterapia, logopedia e fisioterapia respiratoria da provincia de Lugo, por importe de 1,5 millóns de euros. A renovación deste concerto coa clínica Fisioterapia Lugo SL supón detraer cartos públicos para mellor a prestación deste servizo dende o novo hospital de Lugo.
11/11/2011 A representación do persoal ten convocada unha concentración o 17 de novembro en demanda dun aumento das contratacións para garantir a calidade dos servizos
O Comité de Centros da Xerencia de Atención Primaria de Lugo ten convocada unha concentración para o vindeiro 17 de novembro en rexeitamento á política de contratacións realizada pola dirección e que denuncia está “caracterizado pola diminución drástica das substitucións dos profesionais” e a “violentación da normativa aplicábel en materia de substitucións”.
20/10/2011 CIG-Saúde de Lugo denuncia que as instalacións están infrautilizadas e que aínda non se puxeron en marcha os novos servizos prometidos para a área sanitaria como Hemodinámica ou Radioterapia
O novo hospital de Lugo, presentado polo Goberno galego como o estandarte da modernidade, está plenamente sumido na política de recortes aplicada pola Consellaría de Sanidade, segundo denuncia a CIG-Saúde Lugo. Así, os novos servizos prometidos para a área sanitaria, como Hemodinámica ou Radioterapia, continúan sen funcionamento, péchanse servizos e camas, prodúcese un recorte do persoal e as vellas instalacións do complexo hospitalario avanzan no seu deterioro sen que se destinen aos usos comprometidos.
4/10/2011 A empresa depende da Deputación provincial de Lugo
A CIG-Servizos continuou o luns 3 de outubro coas mobilizacións en contra do despedimento de dous traballadores de Suplusa (Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S. A.). A empresa, dependente da Deputación de Lugo, rescindiu o contrato a estes empregados o pasado xullo, logo de que acudisen aos xulgados a reclamaren os seus dereitos.
22/9/2011 A CIG-Servizos denuncia as intencións da empresa de precarizar o traballo
Coincidindo co inicio do primeiro xuízo polo despedimentos de tres traballadoras da sección de chacinería do centro Carrefour de Lugo, a CIG realizou unha nova concentración para protestar pola medida adoptada pola multinacional francesa e reclamar a readmisión destas compañeiras.
21/9/2011 A central sindical denuncia que detrás da medida se atopa o interese da multinacional por precarizar o emprego
A CIG-Servizos realizou unha concentración na tarde do martes diante do centro comercial Carrefour de Lugo en protesta polo despedimento de tres traballadoras da sección de chacinería. A central retoma así o calendario de mobilizacións iniciado o pasado mes de maio, coincidindo coa proximidade da celebración do xuízo polos despedimentos.
9/9/2011 Critica a falta de atención xinecolóxica e de enfermería, ao non cubrírense as ausencias
A Federación de Saúde da CIG vén de denunciar de novo o enquistamento dos problemas que padece o Centro de Orientación Familiar de Lugo, sen que até o momento as distintas Xerencias teñan actuado para corrixir as deficiencias que presenta o servizo. Esta situación, aseguran, ten provocado que o número de embarazos non desexados e interrupcións voluntarias do mesmo (por falta xeneralizada de atención xinecolóxica, dende o 2007) acadase niveis similares aos da área sanitaria de Vigo, a pesar das diferenzas no número de poboación.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com