23/2/2009
Solicitarán reunións cos candidatos dos partidos para coñecer a súa postura a respecto da xestión do servizo de emerxencias
Os traballadores e
traballadoras do CAE 112 de Galiza non descartan ir a unha folga se continúa
sen ofrecerse unha solución definitiva a súa situación laboral. Así o anunciou
en rolda de prensa o Secretario do Comité, Óscar Valladares, quen tamén sinalou
que van solicitar reunións cos candidatos dos tres grupos políticos
maioritarios para coñecer a súa postura arredor deste servizo público.
5/12/2008
O conselleiro de Presidencia acusou á organización de ameazas e coaccións
A Mesa pola Normalización Lingüística considera que as últimas
declaracións no Parlamento de Galiza do conselleiro de Presidencia, José Luís
Méndez Romeu, en que di que a asociación podería estar incorrendo nos delitos
de “usurpación de funcións públicas, de ameazas ou de coaccións” son só
“mentiras” e “un paso máis na súa prolongada loita contra o galego”.
16/10/2008
Concentráronse primeiro diante do Parlamento e logo diante de Presidencia, en San Caetano
Con concentracións diante do Parlamento de
Galiza -onde tramitaron unha solicitude de entrevista con todos os grupos con
representación na cámara galega-, unha marcha até San Caetano polas rúas da
zona vella compostelá e unha concentración diante de Presidencia, reiteraron,
na mañá deste xoves 16 de outubro, a súa exixencia de melloras nas condicións
laborais e o recoñecemento do dereito á subrogación, as traballadoras e
traballadores do servizo de atención a emerxencias 112.
11/8/2008
Este departamento autonómico quere eliminar estas prazas para recorrer aos servizos de empresas privadas
O Comité de Empresa provincial da Coruña da Consellaría de Presidencia presentará alegacións ao proceso de amortización de 42 postos emprendido polo departamento dirixido por José Luis Méndez Romeu. Presidencia desatendeu as alegacións dos sindicatos, co que segue adiante con este plan, que supón a privatización de servizos públicos.
26/6/2008
Consideran indignante que Touriño diga estar preocupado polo emprego feminino pero as ignore
As traballadoras de Galicia Dixital volveron a concentrarse diante das instalacións
desta exposición permanente, na Praza da Inmaculada en Compostela para,
posteriormente marchar cara o edificio administrativo da Xunta de Galiza en San
Caetano. Denuncian que a concesionaria depende da Secretaría Xeral de
Comunicación, que a súa vez depende de Presidencia, pero que Touriño, máis alá
de utilizar o tema do emprego feminino nos discursos non fai esforzo algún por
solucionar a súa situación.
20/6/2008
Peregrinan reivindicando unhas mellores condicións laborais
As traballadoras e
traballadores do servizo de atención a emerxencias, máis coñecido como 112, iniciaron
na mañá deste xoves 19 de xuño, as mobilizacións, logo de varias semanas
desenvolvendo unha campaña informativa por toda Galiza que tiña como obxectivo
dar a coñecer a súa situación laboral e recoller sinaturas de apoio. A súa foi
unha peregrinación desde Protección Civil até San Caetano, en demanda de ser
escoitadas/os tamén pola administración.