Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
TVG
21/9/2011 Consideran que a manipulación informativa da TVG foi “aínda máis exaxerada do que xa estamos habituados”
As organizacións convocantes da folga que se levou a cabo en todo o ensino non universitario de Galiza e da manifestación que percorreu as rúas de Compostela na mañá do día 21 de setembro esiximos a dimensión do Conselleiro de Educación por ser impropio dun cargo do goberno continuar instalado na mentira e ofrecer á opinión pública datos falsos do seguimento da folga no ensino na Galiza. Súmase este feito ao desprestixio permanente ao que somete ao profesorado e aos recortes constantes no ensino público que conduciron ao maioritario seguimento da folga no día de hoxe.
18/5/2011 O medio público silenciou totalmente as críticas á Xunta realizadas pola plataforma
Queremos Galego, que onte convocou a milleiros de mulleres e homes en defensa da nosa lingua baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”, denuncia a “manipulación informativa” da que é vítima por parte da TVG. A plataforma unitaria, que agrupa a máis de 700 entidades do máis diferente tipo, encamiñará a súa queixa ao Valedor do Pobo e ao Consello de Administración da Compañía.
3/5/2011 Foi a única organización sindical que incrementou os seus votos respecto das eleccións de 2007
Malia a entrada en escena de dous novos sindicatos, que restou apoio aos catro que conformaban os órganos de representación, a CIG aumentou en número de votos, aínda que perdeu un representante nas eleccións sindicais celebradas na CRTVG, pasando de 6 a 5, sendo o sindicato que menos membros cedeu. Deste xeito, a CIG pasa de 4 a 3 representantes na TVG, aínda que recibira desta volta 80 votos, 6 máis que nas eleccións celebradas en 2007, e mantén os dous representantes que tiña na Compañía.
15/2/2010 Exixe ao Director Xeral e á Xerencia que se normalice e reconduza a actuación do equipo directivo da Radio
A Coordinadora da sección sindical da CIG denuncia as ameazas da subdirectora de Contido da Radio Galega, Rosa Sierra, ás/aos locutoras/es e redactoras/es de informativos, a manipulación informativa decretada desde a dirección para a información en xeral, e no que respecta ás mobilizacións que se convocaron contra o Decreto de Plurilingüismo en particular, e demanda a posta en marcha dos Consellos de Redacción para tratar de frear esta situación.
29/1/2010 No CPI Tomás de Lemos de Ribadavia, centro do que destacaron a “absoluta normalidade” da xornada, o 53% do profesorado foi á folga
A CIG-Ensino denunciou publicamente o uso partidista e manipulador que o PP fixo dos informativos da TVG, un medio público de todas e todos os galegos. A TVG, ante a imposibilidade de agochar os milleiros de galegos e galegas que participaron  na masiva manifestación do 21, non lle quedou outra que darlle cobertura. Porén, para minimizar o impacto da folga no ensino e contrarrestar o seguimento que tivo entre a comunidade educativa, centraron a súa información nas declaracións de mestres, pais e nais que non secundaban a folga ou que manifestaban o seu acordo coas bases do decreto do ‘plurilingüismo’, ocultando, a mantenta, a unha ampla maioría do profesorado e alumnado que si decidiu secundala.
25/1/2010 Denuncia que as reportaxes sobre o inglés que emite a TVG parecen propias do NODO e exclúen a voz dos pedagogos
A plataforma cidadá Queremos Galego denuncia o uso partidista e manipulador que o PP está a facer dos informativos da TVG, un medio público de todas e todos os galegos. “Seguindo ao pé da letra o argumentario imposto desde o Partido Popular, como se do NODO se tratase,  este medio público pretende convencernos das bondades dun decreto exterminador do galego, a través de informacións cercenadas e sen contraste de opinións”, advirten.
16/2/2008 Din que o programa de “Superpiñeiro” incumpre os principios estatutarios da CRTVG
A sección sindical da CIG da TVG vén de demandar que se aseguren os “mecanismos que garantan que as producións se axusten aos principios que deben inspirar os medios públicos en Galiza”. Esta demanda faise logo de que o programa da TVG de “Superpiñeiro” colaborara na organización dunha “caravana de mulleres” con destino ao Concello de Cervantes para propiciar o seu emparellamento cos solteiros do lugar.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com